Centro Sociocultural Ágora

Con máis de 10.000 metros cadrados de superficie nos que vexetación e edificación se confunden formando unha única postal, o Centro Ágora é a aposta innovadora do municipio da Coruña para integrar nun espazo multifuncional unha variada programación dirixida a todo tipo de públicos. O teatro/auditorio do recinto conta cun aforamento para 523 persoas e ofrece todas as posibilidades para acoller tanto representacións teatrais coma óperas, concertos de música sinfónica ou ballet.
- Avda. Gramela, 17
- 15010 A Coruña
- 981 189 888
- Visitar web