Auditorio Municipal de Cangas

Auditorio Municipal de Cangas
Este espazo cultural, proxectado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é considerado na actualidade como un dos auditorios máis emblemáticos de Galicia. Desde o momento da súa apertura, o 18 de outubro de 2001, convértese no elemento dinamizador da actividade cultural do municipio de Cangas e arredores, grazas a unha programación continua e estable. Ao redor de 30.000 espectadores acoden cada ano ao seu auditorio que conta cun aforamento para 690 persoas. Este detalle unido á excelente acústica do espazo e ás dimensións do seu escenario fan do Auditorio Municipal de Cangas un enclave idóneo para gozar da música, o teatro e a danza.

Próximos eventos en Auditorio Municipal de Cangas

OUTRAS MÚSICAS

Auditorio Municipal de Cangas Avenida de Lugo, 27 36940 Cangas ES
desde 26,00 €
2023-11-17T21:30

Ataquilla.com

Leva as túas entradas no móbil
Infórmate