Sede Afundación Vigo

Sede Afundación Vigo
De estilo eclecticista, en pleno centro de Vigo e con máis de 13.000 metros cadrados de superficie, o edificio da Sede Afundación Vigo, proxectado polo arquitecto Jenaro de la Fuente no século XIX, conxuga a partes iguais tradición e vangarda nunha construción destinada para un uso multifuncional. Entre os seus espazos, o auditorio cunha capacidade para 350 persoas convértese no recinto idóneo para acoller a celebración de congresos, concertos ou entregas de premios. Un equipo de cinema de gran formato, videoconferencia, cámaras motorizadas ou cabinas de tradución, entre outros medios técnicos, fan do auditorio da Sede Afundación Vigo un espazo ineludible na vida cultural e social da cidade olívica.

No hay eventos en este recinto en los próximos días.

Ataquilla.com

Leva as túas entradas no móbil
Infórmate