Semana de Cine Euroárabe Amal
cinema

Semana de Cine Euroárabe Amal

Teatro Principal de Santiago Santiago de Compostela

Do 25 ao 29 de outubro 2021 - 21 h.

PROGRAMA

desde* 3,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Semana de Cine Euroárabe Amal Santiago de Compostela .

LUNS 25 DE OUTUBRO 21.00H. | TEATRO PRINCIPAL

GODS OF MOLENBEEK (Aatos ja Amine) (DOC)

Reetta Huhtanen | 2019 | Finlandia, Bélxica, Alemaña | 73’

Tráiler oficial

O distrito de Molenbeek, en Bruxelas, ten fama de ser un dos epicentros do xihadismo europeo, pero para Aatos e o seu amigo Amine, é simplemente o seu fogar. Xuntos buscan respostas ás grandes preguntas da vida, pero a brutalidade do mundo adulto irrompe cando os terroristas detonan unha bomba no barrio.

 

MARTES 26 DE OUTUBRO 21.00H. | TEATRO PRINCIPAL

GAZA MON AMOUR (FIC)

Tarzan Nasser, Arab Nasser | 2020 | Francia, Alemaña, Portugal, Palestina, Qatar | 87’

Tráiler oficial

Gaza na actualidade. Issa, un mariñeiro de sesenta anos, está namorado de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla. Cando descobre unha antiga estatua de Apolo entre os seus aparellos de pesca, Issa agóchaa sen saber que este descubrimento cambiará a súa vida para sempre. Mentres, a súa confianza aumenta e decide achegarse a Siham.

 

MÉRCORES 27 DE OUTUBRO 21.00H. | TEATRO PRINCIPAL

LIFT LIKE A GIRL (DOC)

Mayye Zayed | 2020 | Exipto, Dinamarca, Alemaña | 92’

Tráiler oficial

Guiada polo seu implacable adestrador, unha levantadora de peso adolescente emerxe desde un modesto ximnasio de Alexandría, Exipto, para intentar chegar aos Xogos Olímpicos.

 

XOVES 28 DE OUTUBRO 21.00H. | TEATRO PRINCIPAL

YOU WILL DIE AT 20 (Satamoto Fel Eshreen) (FIC)

Amjad Abu Alala | 2019 | Sudán, Francia, Exipto, Alemaña, Noruega, Qatar | 103’

Co apoio de: FCAT (Festival de Cine Africano de Tarifa)

Tráiler oficial

Sudán, provincia de Aljazira, na actualidade. Pouco despois do nacemento de Muzamil, o xefe relixioso da vila predí a súa morte aos 20 anos. O pai de Muzamil non acepta esta maldición e abandona a familia. Sakina, a nai, ocúpase soa do seu fillo, protexéndoo de máis. Pero un día Muzamil fai 19 anos.

 

VENRES 29 DE OUTUBRO  | TEATRO PRINCIPAL

200 METROS (200 METERS) (FIC)

Ameen Nayfeh | 2020 | Palestina, Xordania, Italia, Qatar, Suecia | 93’

Tráiler oficial

200 metros é a distancia que hai entre dúas localidades palestinas divididas polo muro israelí, que separa a Mustafa da muller e dos fillos. Unha distancia que parece insalvable ata que recibe a noticia de que o seu fillo está no hospital.

Mercar entradas Semana de Cine Euroárabe Amal Santiago de Compostela .