Unha vez elixidas as localidades, preme MERCAR e accederás á pantalla de pagamento. Na parte superior aparecerán os datos detallados da compra que vas realizar. Verifica que os datos son correctos, xa que unha vez confirmada a operación non se admiten cambios nin devolucións. As localidades seleccionadas poderanse pagar con calquera tarxeta de crédito: Euro6000, Visa, Mastercard ou 4B de calquera entidade financeira. Tamén poderás realizar o pagamento a través de Paypal de modo rápido e seguro coa túa conta PayPal, sen compartir información financeira con Ataquilla.com.
O PAGO CON TARXETA OU CON PAYPAL A TRAVÉS DE ATAQUILLA.com É ABSOLUTAMENTE SEGURO.
Para aceptares a proposta pulsa CONTINUAR e procederase a realizar o cargo das localidades escollidas.
Unha vez realizada a compra, chegará ao correo electrónico do comprador unha notificación de confirmación da compra, en que se indicará o espectáculo e as localidades adquiridas, así coma o número de referencia que servirá como xustificante da operación realizada.
De pagar con PayPal, chegará ao correo asociado á conta PayPal o recibo da operación cun número de referencia que servirá como xustificante de compra, e ao correo do comprador unha notificación de confirmación da compra na que se indicará o espectáculo e as localidades adquiridas.