Aviso legal e política de privacidade

AVISO LEGAL


A Fundación Galicia Obra Social (“Afundación” en adiante), con domicilio social na Coruña, Cantón Grande 8, Código Postal 15003, N.I.F. G-70270293 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería de Facenda, da Xunta de Galicia co número 2013/12, á que corresponde a titularidade do portal www.ataquilla.com (en adiante, tamén denominado o “Portal”), que pon a disposición das persoas usuarias de Internet, co fin tanto de proporcionar información sobre os servizos, produtos e actividades ofrecidos por Afundación, como de permitir a prestación de determinados servizos a través do propio Portal, denominados "online".


Aceptación das Condicións de Utilización do Portal

As presentes condicións xerais de utilización do Portal, xunto coas condicións xerais de contratación dos servizos prestados a través do mesmo, así coma calquera outras condicións que a tales efectos poidan establecerse, teñen por finalidade a regulación e información aos usuarios do Portal dos servizos que presta Afundación, e a propia regulación do uso do Portal.

A navegación e/ou a utilización dos servizos do Portal supoñen a aceptación como Usuario, e sen reservas de ningún tipo, de todas as condicións xerais de utilización do mesmo, así como das condicións xerais de contratación e de calquera outras condicións que poidan establecerse en relación coa prestación a través do Portal dos servizos ofrecidos por Afundación.


POLÍTICA DE PRIVACIDADE


  1. Responsable do Tratamento


O Responsable do Tratamento correspóndese co do titular do presente sitio web, accesible a través de www.afundacion.org, é Afundación, cos datos que figuran anteriormente.


  1. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación


2.1 Datos tratados:


Aos efectos da solicitude de información ou de contacto, a subscrición nos nosos boletíns ou newsletters, a participación en promocións ou concursos ou a compra na nosa tenda online, deberanse facilitar uns datos enchendo os formularios dispostos a estes efectos, en que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.


Durante a navegación, Afundación obtén datos que lle achegan información sobre usabilidade e preferencias dos usuarios, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente no apartado de cookies. A estes efectos, utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou outras plataformas externas directamente desde a Web. A forma de interactuar do Usuario e a información obtida durante a navegación estará sometida á configuración de privacidade do propio Usuario en cada rede social, podendo mesmo esas plataformas obteren algunha información da súa navegación, aínda que o usuario non faga uso dos seus servizos.


2.2 Finalidades:


As finalidades serán as seguintes:


  1. Contacto: O correo electrónico e/ou o teléfono facilitado para o contacto, será/n utilizado/s para unha efectiva contestación ás cuestións formuladas.

  2. Boletíns ou newsletters: O correo electrónico, que deberá ser verificado polo Usuario, ou outros similares, como poida ser o teléfono; será/n utilizado/s para a remisión dos boletíns ou newsletters, de acordo aos seus intereses.

  3. Promocións/concursos: Os datos achegados serán utilizados para a realización de cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento do/da correspondente promoción e/ou concurso.

  4. Compra online: Os datos serán necesarios para a identificación do comprador e para a eventual remisión dos bens adquiridos.


2.3 Conservación.


O prazo de conservación será o seguinte:

 

  1. Boletíns ou newsletters: Os datos serán tratados, desde que o Usuario preste o seu consentimento ata a retirada do mesmo, o cal poderá outorgarse cantas veces queira. En cada comunicación, o Usuario atopará un procedemento gratuíto e accesible para xestionalo.

  2. Promocións/concursos: Os datos serán tratados durante o trámite da correspondente promoción e/ou concurso, mesmo a entrega do premio e, unha vez finalizado, serán gardados para a eventual tramitación de reclamacións ou queixas, relacionadas co desenvolvemento do mesmo.

  3. Compra online: Os datos deberán ser conservados durante ao menos 5 anos, en cumprimento da normativa fiscal e/ou contable, á que está suxeita Afundación.


3. Exercicio de dereitos.


Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se está a proceder ao tratamento de datos persoais que lle concirnan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así coma a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, nese caso unicamente os conservará Afundación para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Para todo iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito a Comité LOPD: San Andrés 135-137, 2ª. 15003 da Coruña, ou remitir un correo ao enderezo [email protected] incluíndo, en ambos os casos, unha copia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse eses datos ao novo Responsable.


4. Lexitimación do tratamento.

 

A base legal para o tratamento dos datos facilitados será (i) o consentimento outorgado polo Usuario para o tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos; (ii) a satisfacción dos intereses lexítimos de Afundación e; (iii) a execución dun contrato en que o Usuario é parte ou para a aplicación de medidas precontractuais. O consentimento será sempre revogable e poderá exercerse en calquera momento.

 

5. Destinatarios e cesións.



No suposto de compras a través de www.ataquilla.com, esta poderá ceder os datos dos compradores dos eventos a aquel promotor ou promotores que os organicen, o que en ocasións será considerado como requisito imprescindible para o acceso ás instalacións nas que se levarán a cabo.



Á parte do aquí indicado, non se revelará a información persoal que se proporcione a Afundación no presente sitio Web a terceiros, salvo cando a revelación sexa esixida pola lexislación vixente, por orde xudicial, ou por unha autoridade competente, así coma cando deba comunicar os datos indispensables por razón lóxica da prestación do servizo ou adquisición do produto, ou ben se pida de forma expresa dando o Usuario o seu consentimento. Afundación poderá comunicar os datos e información imprescindible do Usuario, ás empresas/entidades asociadas á compra e/ou prestación do servizo, se é necesario que as devanditas empresas/entidades se poñan en contacto co Usuario.


Afundación non realizará cesións de datos, salvo as expresamente contempladas na lexislación vixente.

Boletins

Suscríbete para estar ao día das nosas novidades

Ataquilla.com

Leva as túas entradas no móbil
Infórmate