Curso +60 online: Coñecendo as emocións
cursos

Curso +60 online: Coñecendo as emocións

Evento online .

Do 5 de outubro ao 30 de novembro, martes, de 17.00 a 19.00 horas
desde* 49,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Coñecendo as emocións . .

Se che interesa coñecer e comprender o proceso emocional e adquirir habilidades e estratexias sobre como xestionar as emocións na nosa vida cotiá para mellorar o noso benestar, este taller é para ti.

Este é un programa realizado coa colaboración de Matía Instituto, que foi co-deseñado coa participación de persoas maiores que nos ofreceron os seus coñecementos e experiencias, tanto na fase de deseño coma na reformulación posterior á implementación do mesmo nunha fase piloto.

curso proporciona unha base de coñecemento sobre este ámbito, como estratexias para axudar a levar os contidos das sesións á vida cotiá. E todo iso de maneira áxil e amena co apoio de múltiples actividades e materiais audiovisuais.

 
CONTIDOS: 


1. Conciencia emocional - Entendendo o que me pasa


Nesta primeira sesión empezaremos a afondar no mundo das emocións: que son, por que son importantes na nosa vida e, sobre todo, que podemos facer para fomentar a conciencia propia sobre o noso estado emocional.


2. Comprensión emocional – Enténdome, logo existo


Nesta segunda sesión traballaremos a comprensión emocional, que implica entender as emocións que experimentamos, o seu significado e como adoitamos reaccionar ante determinadas situacións ou estímulos.


3. Expresión emocional – Dicir ou non dicir, esa é a cuestión


Nesta terceira sesión coñeceremos que formas innatas existen de comunicación emocional e como tomar un maior control sobre elas. Así mesmo, reflexionaremos sobre a expresión das emocións e aprenderemos como manifestar de maneira máis sinxela e acertada os nosos sentimentos e necesidades asociados ás mesmas.


4. Regulación ou xestión emocional – (Re)aprendendo que é xerundio


Nesta cuarta sesión trataremos a habilidade para mellorar a expresión e/ou experiencia das emocións. Aprenderemos que significa a regulación emocional. Identificaremos estratexias que utilizamos habitualmente para regular as emocións e novas formas de facelo.


5. Unha de emocións positivas... Marchando!


Nesta quinta sesión reflexionaremos sobre as emocións positivas que experimentamos e mostraremos estratexias e ferramentas para axudar a promover estados emocionais positivos.


6. Conversando sobre soidade


Nesta sexta sesión reflexionaremos sobre os sentimentos de soidade, as interpretacións que cada un facemos dela e formularemos estratexias de afrontamento.


7. Contrarrestando emocións negativas: menos é máis


Nesta sétima sesión reflexionaremos sobre as emocións negativas que experimentamos, as situacións que as potencian e as nosas reaccións ante elas e proporcionaremos estratexias e ferramentas para regular as emocións cando estas se valoran como negativas ou desagradables.


8. Con máis ferramentas na miña mochila

Nesta sesión terminaremos o programa recordando o valor de nós mesmos e mesmas e a importancia dos proxectos vitais. Concretamente, pretendemos fomentar a autorreflexión positiva, identificando as nosas aprendizaxes e fortalezas, establecendo formas de autocoidado, así coma elaborando proxectos e obxectivos vitais propios.

O curso será impartido por Ana Sabucedo Serrano, psicóloga pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en psicoxerontoloxía pola Universidade de Valencia.

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 30 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Coñecendo as emocións . .