Curso +60 online: Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado
cursos

Curso +60 online: Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado

Evento online .

Do 6 de outubro ao 15 de decembro de 2021, mércores, de 10.00 a 11.00 horas
desde* 29,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado . .

Se xa participaches nos cursos de móbiles e tabletas ou xa tes un manexo avanzado, continuaremos afondando no coñecemento de utilidades, aplicacións e contidos interesantes que podes atopar en Internet.

CONTIDOS:

1. Duolingo: aprende idiomas e divírtete xogando.

2. Sergas móbil: pide, modifica ou anula citas.

3. Meteogalicia: consulta toda a información do tempo.

4. Moovit: horarios, paradas e rutas do transporte público.

5. Moovit: planifica unha ruta ou itinerario.

6. Listonic: crea as túas listas de compras.

7. Yuka: analiza e valora os produtos.

8. Shazam: identifica a túa música favorita.

9. Accede a contidos en streaming gratuítos.

10. Accede a plataformas de vídeo en streaming de pago

O curso será impartido por Diego Romero Oliveira. Técnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.

DURACIÓN: 10 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 30 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Coñece e desfruta diferentes aplicacións para móbil e tableta. Avanzado . .