Curso +60 online: Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad
cursos

Curso +60 online: Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad

Evento online .

Do 5 de outubro ao 14 de decembro de 2021, martes, de 11.15 a 12.15 horas
desde* 29,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad . .

Se tes un iPad ou un iPhone e queres sacarlle partido a todas as utilidades que che ofrece o seu sistema operativo, configuralo, sincronizar con outros dispositivos ou empregar as aplicacións gratuítas da Apple store.

CONTIDOS:


1. Así funciona: hardware, software, unidades de medida da capacidade e requerimentos mínimos para mercar un novo iPhone ou iPad.

2. ID de Apple e a app Mail.

3. Buscador e navegador: aplicacións Google e Safari, uso e configuración. Bloquear notificacións de páxinas web non desexadas. Recomendacións de seguridade no teu móbil.

4. App Store: unha tenda dende a que instalar e actualizar aplicacións no teu iPhone iPad.

5. WhatsApp: uso de funcións avanzadas de whatsapp nas mensaxes. Dictado por voz, mensaxe de audio, editar antes de compartir ou enviar, eliminar mensaxes, limpeza do dispositivo.

6. WhatsApp: videochamadas. Grupo e lista de difusión, configuración avanzada, copia de seguridade de chats.

7. Fotos: moito máis que unha galería de imaxes, configurar copia de seguridade para almacenar fotos e vídeos na nube. Liberar espazo de almacenamento no dispositivo.

8. Mapas: explorar e buscar lugares preto de min. Buscar e gardar os meus sitios favoritos. Recibir indicacións de desprazamento GPS e servizos.

9. iCloud, sácalle partido á nube: almacena, comparte e consulta onde e cando queiras.

10. iTunes Store / Apple Music: escoita a túa música e sincronízaa entre dispositivos.

O curso será impartido por Diego Romero Oliveira. Técnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.

DURACIÓN: 10 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 24 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad . .