Curso +60 online: Sácalle proveito ao teu Mac e ás aplicacións da Apple store
cursos

Curso +60 online: Sácalle proveito ao teu Mac e ás aplicacións da Apple store

Evento online .

Do 5 de outubro ao 14 de decembro de 2021, martes, de 10.00 a 11.00 horas
desde* 29,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Sácalle proveito ao teu Mac e ás aplicacións da Apple store . .

Se tes un ordenador con sistema IOS, un Mac, iMac, ou un portátil Macbook air ou outro, aprenderás a configuralo, os trucos máis interesantes, e a aproveitar as aplicacións gratuítas que che ofrece a Apple store.

CONTIDOS:


1. Así funciona: hardware, software, e que hai que saber para mercar un iMac ou MacBook.

2. Pasa de Windows a OS X de Apple sen desesperarte.

3. ID de Apple e a app Mail.

4. Buscador e navegador: aplicacións Google e Safari.

4. App Store: unha tenda dende a que instalar e actualizar aplicacións.

5. OS X Fuse: fai que os teus pendrives ou discos de Windows sexan compatibles.

6. Finder: xestiona e mantén ordenados os teus arquivos.

7. Fotos: importa, visualiza e organiza as túas fotos e vídeos.

8. Vista Previa: visualiza e edita arquivos pdf e imaxes, importa imaxes e fai capturas de pantalla.

9. Pages e Numbers: crea documentos e follas de cálculo.

10. FaceTime: Fai chamadas de audio e vídeo.

O curso será impartido por Diego Romero OliveiraTécnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.

DURACIÓN: 10 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 24 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Sácalle proveito ao teu Mac e ás aplicacións da Apple store . .