Curso +60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas
cursos

Curso +60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas

Evento online .

Do 5 de outubro ao 14 de decembro de 2021, martes, de 17.00 a 19.00 horas
desde* 119,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas . .

Se che gusta a música, neste ciclo aprenderás a gozar da escoita dalgunhas das obras máis significativas da historia da música, destacando os aspectos máis importantes para unha maior comprensión, contextualizándoas historicamente coa estética do momento e cos aspectos biográficos dos seus autores que influíron na composición.

CONTIDOS:


En cada sesión contaremos cun programa de man coas obras que escoitaremos. Achegarémonos ás obras de Bach, Mozart, Beethoven, Haydn, Vivaldi, Chopin, Schubert, Berlioz, Tchaikovsky, Sibelius, Brahms, Wagner, Lizst, Debussy, Verdi, Grieg e moitos outros.


El curso será impartido por Manuel López-Benito Álvarez, musicólogo e divulgador.

DURACIÓN: 20 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 30 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas . .