Curso +60 online: Gallaecia: descubrindo as nosas orixes. Ciclo de historia e patrimonio de Galicia
cursos

Curso +60 online: Gallaecia: descubrindo as nosas orixes. Ciclo de historia e patrimonio de Galicia

Evento online .

Do 4 de outubro ao 20 de decembro de 2021, luns, de 18.30 a 19.30 horas
desde* 29,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Gallaecia: descubrindo as nosas orixes. Ciclo de historia e patrimonio de Galicia . .

Se che interesa a historia, a arte, ou simplemente descubrir os segredos do noso territorio ou redescubrir sitios que xa coñeces, propoñémosche unha viaxe por Galicia, pola historia, a arte, a cultura e o patrimonio, para aprender a mirar a paisaxe con outra ollada e con maior profundidade.

CONTIDOS:

1. Galicia en tempo dos romanos.

2. Como organizan os romanos o territorio.

3. A vida dos galegos en época romana.

4. A economía deses tempos. As minas de ouro.

5. A arte e as construcións romanas en Galicia.

6. Un percorrido polas provincias galegas da época.

7. O legado cultural.

8. A fin do imperio e a chegada dos suevos.

9. O reino suevo de Galicia, o máis antigo de Europa?

10. Que queda en nós deles? A arte, a cultura, o idioma…

O curso será impartido por Pilar Blanco Vidal. Historiadora e autora de libros e artigos sobre patrimonio.

DURACIÓN: 10 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 24 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Gallaecia: descubrindo as nosas orixes. Ciclo de historia e patrimonio de Galicia . .