Curso +60 online: Exprésate a través da fotografía dixital
cursos

Curso +60 online: Exprésate a través da fotografía dixital

Evento online .

Do 5 de outubro ao 14 de decembro de 2021, martes, de 11.00 a 12.00 horas
desde* 29,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Exprésate a través da fotografía dixital . .

Se queres mellorar as fotografías que tiras co móbil ou coa réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadre, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesado e edición.

CONTIDOS:

1. Os xéneros fotográficos a través de distintos autores.

2. Fotografía urbana e de rúa: autores.

3. Fotografía artística e contemporánea: idea e concepto.

4. Fotografía artística e contemporánea: autores.

5. Fotografía en branco e negro.

6. Fotografía en branco e negro: autores.

7. Composición en fotografía publicitaria: dirixir a ollada.

8. Composición en fotografía publicitaria: autores.

9. Procesado básico: Lightroom.

10. Procesado básico: Darktable.

O curso será impartido por Begoña Pérez López. Fotógrafa e técnica en produción audiovisual

DURACIÓN: 10 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición será entre o 6 e o 24 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021


Mercar entradas Curso +60 online: Exprésate a través da fotografía dixital . .