Curso +60 online: Aprende a editar vídeo e potenciar as túas gravacións
cursos

Curso +60 online: Aprende a editar vídeo e potenciar as túas gravacións

Evento online .

Do 5 de outubro ao 14 de decembro de 2021, martes, de 12.00 a 13.00 horas
desde* 29,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Curso +60 online: Aprende a editar vídeo e potenciar as túas gravacións . .

Se tes fotografías ou vídeos caseiros gravados con videocámara ou con teléfono móbil almacenados desde hai tempo, neste curso aprenderás a ordenalos e editalos engadíndolles música, aplicando transicións, filtros e outros trucos de edición para facelos máis atractivos e volver desfrutar do seu visionado ou compartilos con amigos e familia.

CONTIDOS:

1. Descubre a edición de vídeo en Windows 10.

2. Creando o noso vídeo.

3. Selección de contido.

4. Transicións, efectos.

5. Engadir títulos, descricións e créditos.

6. Engadir música de fondo.

7. Formatos de video e as súas características.

8. Creando o arquivo final.

9. Compartir ou publicar vídeo.

10. Resolución de dúbidas.

O curso será impartido por Francisco Fernández Bouza. Técnico de Sistemas Informáticos e de Vídeo e Son.

DURACIÓN: 10 horas

Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.

INSCRICIÓN:

A inscrición realízase entre o 6 e o 24 de setembro. Se tes calquera dúbida sobre como facer a inscrición ou o pagamento podes escribirnos a [email protected] ou chamar ao 698 122 915

Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!

 Folleto con toda a programación online de outubro a decembro de 2021

Mercar entradas Curso +60 online: Aprende a editar vídeo e potenciar as túas gravacións . .