Fran Sieira - Compañía de danza, presenta CEIBE
danza

Fran Sieira - Compañía de danza, presenta CEIBE

Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa Vilagarcia de Arousa

26 abril 2024 - 20 h.

desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Fran Sieira - Compañía de danza, presenta CEIBE Vilagarcia de Arousa .

Evento: Ceibe
Compañía: Fran Sieira - Compañía de danza, presenta CEIBE
Programado dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)

Ceibe é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza de 60 minutos de duración que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección, Sergio R. Suárez.
Ceibe traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotidianidade, incluindo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes e desde ahí plantexar e construir novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.
Na codirección artística Fran Sieira e o experto en cuestións LGTBIQ+ e danza, o bailarín Sergio R. Suárez. Acompañándoos como asesoras de
dirección artística contarase co Colectivo VACAburra formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde.
O deseño do espazo escénico será de Laura R. Iturralde e a iluminación de Fidel Vázquez. A música da man de Xisco Feijoó e Carlos Quintá, profesionais experimentados en transportar a música tradicional á máis pura vangarda. O espazo sonoro correrá a cargo de Isaac Millán, onde se traballará en escena con sons en directo.

Clasificación: Danza Tradicional
Duración: 60 min
Público: Adultos

Mercar entradas Fran Sieira - Compañía de danza, presenta CEIBE Vilagarcia de Arousa .