Ballet Nacional Ruso - El Lago de los Cisnes
danza

Ballet Nacional Ruso - El Lago de los Cisnes

Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo

desde* 22,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Ballet Nacional Ruso - El Lago de los Cisnes Lugo .

BALLET NACIONAL RUSO, TRINTA ANOS ACTUANDO NOS MELLORES ESCENARIOS DO MUNDO

 

Ballet Nacional Ruso, compañía de referencia mundial dirixido por Serguey  Radchenko presenta un dos grandes títulos de P. I. Tchaikovsky “El Lago de los Cisnes”, cun corpo de baile de 40 bailarins e virtuosos solitas.

 

EL LAGO DE LOS CISNES

 

MÚSICA Piotr Tchaikovsky

 

LIBRETO Vladimir Beghitchev / Vasili Geletzer

 

COREOGRAFÍA Marius Petipa

 

BALLET NACIONAL RUSO

 

Sergey Radchenko, director

 

 

 

SOLISTA EN XIRA

 

Nurlan Kinerbaev

 

Vladimir Tapkharov

 

Evgenii Yermakov

 

Aleksandra Krukova

 

Maria Klyueva

 

Ekaterina Tokareva

 

O Ballet Nacional Ruso fundouse en 1989, cando o mítico solista do Teatro Bolshoi, S. Radchenko, implantou a súa visión dunha compañía, onde reuniu os elementos máis clásicos das grandes compañías do Ballet Kirov e Bolshoi, nun nova compañía de ballet clásico independente en Rusia. Bailaríns líderes de toda Rusia forxan unha emocionante compañía baixo a dirección de Radchenko, escenificando novas producións de clásicos eternos como Giselle, Don Quixote, Paquita e Carmen.
Cada tempada viaxa de costa en costa polos Estados Unidos nunha longa xira polos salóns e teatros máis importantes do país. Dende os seus inicios tamén completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, así como no Reino Unido.
A compañía tamén fai xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con gran éxito en Turquía, Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong.
S. Radchenko, naceu en 1944, formouse na Escola de Danza de Moscova en 1964 e ingresou no Ballet do Teatro Bolshoi, onde traballou durante 25 anos. Durante este tempo bailou todo o repertorio da compañía, destacando polo seu carácter, gran encanto, temperamento e gusto exquisito, cunha especial afinidade pola danza española. S. Radchenko era compañeiro de baile da mítica e incomparable Maya Plisétskaya e con ela bailaron todos os grandes ballets clásicos.

S. Radchenko é desde 1976 o Artista Popular Honorario da URSS.



Mercar entradas Ballet Nacional Ruso - El Lago de los Cisnes Lugo .