Emigrantas de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego
danza

Emigrantas de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego

Pazo da Cultura de Pontevedra Pontevedra

28 MAIO - 20.30 HS.

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Emigrantas de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego Pontevedra .

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria. A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes. 

Un grupo de mulleres crearon Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial. 

Mercar entradas Emigrantas de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego Pontevedra .