TRC Danza. El hijo
danza

TRC Danza. El hijo

Teatro Rosalía Castro A Coruña

desde* 5,60 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas TRC Danza. El hijo A Coruña .

EL HIJO fala do vínculo cos proxenitores e o que se fai con iso. Entendémonos como individuos independentes pero enredados profundamente nas raíces que nos acompañan. Un espectáculo de danza que nos leva ao primario, ao contexto, á familia e á natureza. Na obra altérnase un corpo de hoxe, móbil, consciente, fronte a outros mundos que non sendo accesibles á vista, aféctannos e guían os nosos camiños. A danza permite a celebración de estar vivos e ter unha historia, a experiencia de ser fillo e o seu entusiasmo.
Somos seres afectados de emoción, en contextos de eventos na natureza.
Daniel Abreu é un creador cunha gran presenza na escena da danza actual no noso país e que conta cunha ampla traxectoria internacional. De orixe tinerfeña colaborou con multitude de compañías tanto en España como en Europa. Funda a súa compañía no 2004 e desde entón presentou as súas creacións en máis de 40 países, sendo galardoado en numerosas ocasións, entre as que destaca o Premio Nacional de Danza en 2014.

Creación, iluminación e nterpretación: Daniel Abreu


• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Mercar entradas TRC Danza. El hijo A Coruña .