AI: more than human.
exposicion

AI: more than human.

Sede Afundación A Coruña

5 setembro 2022 a 5 febreiro 2023

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas AI: more than human. A Coruña .

AI: More than Human é a gran oportunidade de ver e vivir unha exposición sen precedentes, a máis importante no seu ámbito a nivel mundial.

A exposición creada pola Barbican Centre de Londres (Reino Unido) e coproducida polo Forum de Groningen de Países Baixos, chega á A Coruña despois de estar no Guangdong Science Center en Guangzhou (China).

AI: More than Human relata a historia e o rápido desenvolvemento da Intelixencia Artificial, dende as súas extraordinarias raíces antigas no xintoísmo xaponés e os primeiros experimentos de Ada Lovelace e Charles Babbage no campo da informática, ata os grandes saltos no desenvolvemento da Intelixencia Artificial desde os anos 40 ata a actualidade, para mostrar como se fixo realidade o vello soño de crear intelixencia.

Incorporando unha ampla gama de medios dixitais e instalacións de arte inmersivas, AI: More than Human ofrece aos visitantes a oportunidade de interactuar directamente coas exposicións para experimentar de primeira man as capacidades da Intelixencia Artificial.

PREPARA A TÚA VISITA

Lugar da exposición:

Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8

15003 A Coruña

 

Datas:

Do 5 de setembro de 2022 ao 5 de febreiro de 2023

Horarios:

Mañás: martes a domingo de 12 a 14 horas

Tardes: luns a domingo de 17.30 a 20.30 horas

Cerrado: luns pola mañá e os días 24, 25 e 31 de decembro de 2022 e 1 e 6 de xaneiro de 2023

O último pase será 1 hora antes do peche. Recomendamos que os visitantes cheguen puntualmente segundo a hora da súa reserva.

Para garantir unha visita agradable a todos os visitantes, o acceso á exposición organízase en pases ou sesións cada quince minutos.

É necesario seleccionar unha hora e un día determinados á hora de mercar as entradas e organizar a visita.

Unha vez que accedas á exposición, podes quedarte o tempo que queiras. O tempo medio de visita é de 1 hora.

Prezos:

 

 

ON LINE

Taquilla

Entrada xeral

8 €

10 €

Entrada grupo (4x3)

24 €

30 €

Visitas guiadas*

10 €

13 €

Visitas guiadas grupo (4x3)

30 €

39 €

Nenos ata 5 anos entrada gratuita.

Estes prezos inclúen gastos de xestión.

Recoméndase a compra ONLINE para garantir a visita e evitar colas na Sede.

*VISITAS GUIADAS

Horarios visitas guiadas público xeral:

Visita xeral, recomendada para maiores de 12 anos:

  • Luns: ás 17.30 h e ás 19 h
  • De martes a venres: ás 12.30 e ás 19 h.
  • Sábados e domingos: ás 17.30 e 19 h.
  • Festivos: ás 19h
Visita familiar, recomendada para familias con nenos menores de 12 anos:
  • Sábados, domingos e festivos: ás 12.30 h.

Visitas guiadas para escolares, asociacións e outros colectivos (mínimo 15 personas), concertar cita en: [email protected] indicando o nome colectivo, contacto e información básica (idades, preferencia do horario...)

 

PREGUNTAS FRECUENTES

- Duración da visita

O tempo medio de visita é de aproximadamente unha hora.

Para garantir unha visita agradable a todas persoas visitantes, o acceso á exposición organízase en pases ou franxas cada quince minutos.

É necesario seleccionar unha hora e un día determinados á hora de mercar as entradas e organizar a visita.

Unha vez que accedas á exposición, podes ficar o tempo que queiras.

Consulta os nosos horarios para planificar a túa visita con tempo suficiente para velo todo!

- ¿Qué pasa se perdo a miña entrada?

Nese caso tentaremos que entres no seguinte pase, sempre suxeito á dispoñibilidade de capacidade.

Recomendamos que chegues a tempo. Recomendamos chegar 5 minutos antes da hora indicada na entrada.

Non podemos garantir o acceso á exposición fóra do horario indicado na entrada cando a capacidade estea completa.

- ¿Existen audioguías?

A exposición conta con paneis explicativos en inglés para cada unha das obras que a compoñen.

Ademais, hai un servizo web que che permite acceder, a través do teu smartphone propio, a toda a información en castelán, xa sexa en texto, ou a través dunha voz en off xerada por un sistema de Intelixencia Artificial.

Para acceder á audioguía, debes escanear un código QR, abrirase un visor web no teu teléfono intelixente e abondará con que manteñas aberta esa xanela no navegador durante todo o tempo da visita. Permite ao smartphone que use a cámara para así poder escanear os códigos QR de cada unha das obras que compoñen a mostra.

No caso de utilizar o sistema de locucións descritivas das obras, será obrigatorio o uso de auriculares.

- ¿Existe un servizo de visitas guiadas?

Sí, tanto xerais como para público familiar:

*Modalidades e horarios arriba.

- Mobilidade reducida

A exposición é accesible para persoas con mobilidade reducida e o uso dunha cadeira de rodas.

- Fotografías

Permítese facer fotos para uso persoal e non comercial. Asegúrate de eliminar o flash, pode molestar outras persoas.

Prohíbese o uso de trípodes, monopés e paus para selfies dentro da exposición.

- Alimentos e bebidas

Non está permitido levar comida e bebida dentro da exposición.

- Medidas sanitarias COVID-19

Para a súa seguridade, lembre:

  • Reducimos a capacidade da exposición e é obrigatorio escoller día e hora para a visita.
  • Recomendamos manter a distancia de seguridade.
  • Use os xeles desinfectantes alí á beira e/ ou lavar as mans con frecuencia.
  • O servizo de gardarroupa está desactivado.
  • Non se permite a entrada con paquetes superiores a 35 x 35 cm nin con paraugas (excepto os plegables).

- Contacto

  • Tes algunha dúbida sobre a exposición? Por favor, ponte en contacto connosco a través do teléfono 981.18.50.60 ou do correo electrónico [email protected]ón.org.
  • Se tes dúbidas sobre as túas entradas, ponte en contacto co noso departamento de Ataquilla en [email protected].
  • Se queres contactar co departamento de Comunicación escribe a [email protected].
  • Se queres contactar co departamento de Visitas guiadas para Grupos escribe a [email protected].


 

Mercar entradas AI: more than human. A Coruña .