Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - BFLECHA
festivais

Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - BFLECHA

Auditorio Municipal Concello de Vigo Vigo

Descargar aquí Documento Autorización menores 16 anos

As entradas adquiridas serán canxeadas posteriormente por entradas numeradas según os protocolos sanitarios vixentes durante a celebración do Festival

desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - BFLECHA Vigo .

BFLECHA:

Poucos artistas galegos poden presumir de ser elixidos para actuar en festivais do prestixio do Soar Barcelona ou o proxecto da Red Bull Academy. Despois dun paròn que se nos fixo longo, a produtora viguesa volve con novo disco e novo show debaixo do brazo, co que se inaugurará a 4ª ediciòn de Underfest. No recentemente publicado “ ExNovo” explora os límites entre a persoa física e virtual, sons diferentes e innovadores, repletos de poesía, filosofía e ciencia, nun espazo utópico onde conviven pop, r&b contemporáneo, electrónica e música tradicional.

Beats, clase, vangarda, elegancia e emociòn, coa que non deixou de recibir eloxios. Isto se que é Galicia Calidade da boa.

Do 7-12 Outubro 2021, Vigo acollerá un ano máis o seu festival urbano por excelencia, na que será a edición máis extensa ata o momento, ofrecendo 6 días de música con diversas propostas que pasarán polos escenarios máis importantes da cidade.

Tras as súas 3 exitosas edicións en 2018, 2019 e 2020, con abonos esgotados en todas elas, a 4ª edición do festival UNDERFEST SON ESTRELA GALICIA continúa a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta de calidade para diferentes tipos de público.

Na súa curta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Helado Negro, etc que xunto a nomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os 74 artistas que pasaron polo festival, enchendo os 21 recintos da cidade nos que se desenvolveu Underfest en tan só 3 edicións.

Mercar entradas Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - BFLECHA Vigo .