Festival Vive Nigrán  2021 -  Natalia Lacunza
festivais

Festival Vive Nigrán 2021 - Natalia Lacunza

Campo de Fútbol de Montelourido Nigrán

Descargar aquí Documento Autorización menores 16 anos

Entrada día 16 de Xullo de 2021

Menores a partir de 3 anos ocupan asento. Deben adquirir entrada

desde* 25,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Festival Vive Nigrán 2021 - Natalia Lacunza Nigrán .

Concebido como un “Picnic pop festival”, Vive Nigrán nacía en 2017 coa intención de ofrecer música e entretemento nun marco incomparable, situado na bahía de Nigrán e co impoñente perfil das Illas Cíes de fondo. Este emprazamento estratéxico en pleno Val Miñor, é un dos seus trazos distintivos, no que o escenario natural é parte do espectáculo.

O recinto do evento atópase a escasos metros do mar, xunto ao areal de Praia América, que se estende entre Monte Lourido e Monteferro, un dos lugares con máis encanto das Rías Baixas.

Vive Nigrán, incluído no circuíto “Festivais Rías Baixas”, e dentro da marca FEST GALICIA, aúna e fusiona diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, talleres e sobre todo boa música. Sen dúbida un planazo para gozar das mellores bandas da escena independente nun dos lugares máis emblemáticos da costa galega. Artistas como Novidades Carminha, Nathy Peluso, Depedro, Sidonie, Viva Suecia, Morgan, Rufus T. Firefly, Anni B Sweet..xa pasaron polo noso festival.

PROTOCOLO COVID-19

• As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contagios por Covid-19, e poderán sufrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento da adquisición da entrada.

• É deber da persoa que adquire a entrada seguir as normas xerais para a cidadanía previstas para previr contagios (hixiene de mans, uso de máscara, evitar aglomeracións, distancia social..) Toda persoa contaxiada está obrigada a non acudir ao evento. O incumprimento deste deber pode dar lugar a responsabilidades penais por atentado contra a saúde pública.

• É obrigatorio para o público acceder con máscara.

• Haberá un circuíto diferenciado de acceso e de saída. A entrada e saída realizarase de forma paulatina e ordenada, seguindo as instrucións do persoal de acomodación. O incumprimento grave das normas poderá conlevar a expulsión do recinto da persoa infractora, con perda de calquera dereito a devolución do prezo pago, e sen prexuízo de que o seu comportamento poida ser notificada as autoridades competentes por se é constitutivo de infracción administrativa ou delito.

• Deberase ocupar a butaca asignada polo persoal de acomodación e non se permitirá a rotación de asentos durante os concertos.

• Os posuidores de entradas dobres deberán acceder xuntos ao recinto para poder ser acomodadas como tales.

Mercar entradas Festival Vive Nigrán 2021 - Natalia Lacunza Nigrán .