
festivais
Festival Vive Nigrán 2022 - Abono
Campo de Fútbol de Montelourido Nigrán
Descargar aquí Documento Autorización menores 16 anos
15 e 16 XULLO 2022
* Prezo mínimo sen comisión
Merca entradas Festival Vive Nigrán 2022 - Abono Nigrán .
superado con éxito o reto da anterior edición de Vive Nigrán 2021, a organización, fiel ao seu espírito, regresa este 2022 coa 6ª edición do festival, que novamente se situará a escasos metros de Praia América, o seu incomparable escenario de cada verán no campo de fútbol de Monte Lourido.
O festival contará unha vez máis co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que busca reivindicar os encontros como algo esencial para vivir mellor, ademais do apoio do Concello de Nigrán.
O festival volverá unha vez máis ao campo de fútbol de Monte Lourido os días 15 e 16 de xullo, sendo Rigoberta Bandini a primeira gran confirmación desta nova edición.
Proximamente desvelaranse máis artistas.
Entradas menores 12 anos:
- Os menores ata 12 anos (inclusive) terán entrada gratuíta. Por control de aforo será necesario sacar igualmente a súa entrada específica a través de Ataquilla.
Acceso ó recinto:
- Todo menor de 16 anos que vaia asistir ó festival debe ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Ademais, ó acceder ao recinto, requiriráselle entregar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente na web do festival e na propia web de Ataquilla.
No caso de que xa adquirísedes as entradas para algún menor de 12 anos, podedes solicitar o reembolso do importe. Só tedes que poñervos en contacto con [email protected], indicando os datos da compra e da entrada.
ℹ️ Con calquera dúbida ou consulta podedes contactarnos en [email protected]
Mercar entradas Festival Vive Nigrán 2022 - Abono Nigrán .