Escenas do Cambio 2020 - Jerk (Giselle Vienne)
festivais

Escenas do Cambio 2020 - Jerk (Giselle Vienne)

Cidade da Cultura de Galicia Santiago de Compostela

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Sábado, 08 Febreiro 19.00
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Organiza

Fund.Cidade da Cultura de Galicia

Merca entradas Escenas do Cambio 2020 - Jerk (Giselle Vienne) Santiago de Compostela .

JERK é unha reconstrución imaxinaria —estraña, poética, divertida e sombría— dos crimes perpetrados polo asasino en serie americano Dean Corll que, coa axuda dos adolescentes David Brooks e Wayne Henley, matou a máis de vinte nenos no estado de Texas a mediados dos anos 70.

Esta peza móstranos a David Brooks mentres cumpre a súa condena de cadea perpetua. No cárcere aprende a arte dos monicreques cos que, dalgunha maneira, pode facer fronte á súa responsabilidade como partícipe dos delitos. Escribe un espectáculo que reconstrúe os asasinatos cometidos por Dean Corll, usando os monicreques para representar a todos os personaxes e leva a cabo o seu espectáculo no cárcere para unha clase con estudantes de psicoloxía dunha universidade local. Pola violencia e o humor do texto hai unha ferocidade subxacente á actuación.

O teatro de monicreques,de feito, é a forma tradicionalmente utilizada para representar a suxeitos violentos e actos ilícitos.

JERK mestura, descaradamente, a sexualidade e a violencia na liñal da estética gore, remontándose naturalmente ao repertorio dos monicreques de luva. O texto articúlase como un solo para monicrequeiro de marionetas de luva que tamén fai o papel do farsante.

A historia, aínda parecendo tan realista, raia no irrealismo. O aparente realismo da obra provén da súa narrativa lineal e do feito de estar baseada nunha historia real, así como da profunda identificación do monicrequeiro-farsante co personaxe ficticio de David Brooks.

JERK é a cuarta peza dramática producida en colaboración co escritor americano Dennis Cooper tras I apologize (2004), Une belle enfant blonde (2005) e Kindertotenlieder (2007). Nestas obras, as conexións entre fantasía e realidade cuestiónanse permanentemente, chegando a alterar a nosa percepción da realidade. Canto máis realista exponse JERK desde a súa narrativa lineal e constante, máis credibilidade ofrece, derivada deste xeito de cuestionar. E é esta innegabilidade a que aquí en JERK se reexamina, a través das diferentes experiencias formais.

Ficha técnica

Dirixida por: Gisèle Vienne

Dramaturxia: Dennis Cooper

Música: Peter Rehberg (música orixinal) e El Mundo Frio of Corrupted

Iluminación: Patrick Riou A partir dunha novela de Dennis Cooper

Interpretada e creada en colaboración con: Jonathan Capdevielle

Voces gravadas: César Bernard e José Enrique Oña Selfa

Estilismo: Stephen O’Malley e Jean-Luc Verna

Monicreques: Gisèle Vienne e Dorothéa Vienne Pollak

Maquillaxe: Jean-Luc Verna e Rebecca Flores

Vestiario: Dorothéa Vienne Polak, Marino Marchand e Babeth Martin

Mestre de ventriloquía: Michel Dejeneffe

Mercar entradas Escenas do Cambio 2020 - Jerk (Giselle Vienne) Santiago de Compostela .

Escenas do Cambio 2020 - Jerk (Giselle Vienne) Escenas do Cambio 2020 - Jerk (Giselle Vienne)

8,00 € 2020-02-08T19:00 2020-02-08T19:00 Cidade da Cultura de Galicia Rúa de San Roque, nº 2 Santiago de Compostela