Escenas do Cambio 2019 - Tres solos. Vera Mantero
festivais

Escenas do Cambio 2019 - Tres solos. Vera Mantero

Museo Centro Gaiás - Sala - 1 Santiago de Compostela

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Xoves, 07 Febreiro 20.30
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Organiza

Fund.Cidade da Cultura de Galicia

Merca entradas Escenas do Cambio 2019 - Tres solos. Vera Mantero Santiago de Compostela .

Nesta edición presentamos por primeira vez en Galicia o traballo da coreógrafa portuguesa Vera Mantero. E facémolo con Tres solos, que son xa parte da historia da danza: Olympia (17’), Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings (20’), e Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois (20’)

Olympia de Vera Mantero é unha paráfrase única da pintura de  Manet. Unha mestura de palimpsesto de cinco minutos da Olympia impresionista e extractos do libro L’asphixiante Culture de Jean Dubuffet.

Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings é unha homenaxe á sirena tropical dos cabarets parisienses da década de 1920, Joséphine Baker. Bailarina negra, cantante e actriz dunha familia estadounidense pobre e pioneira da danza contemporánea.

Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois é un só estreado en 1991, creado para o Festival Europalia en Bélxica. Escribiu Mantero na folla de sala nese momento: “A miña relación coa danza xira ao redor das seguintes cuestións: que é o que di a danza? Que podo dicir coa danza? Que é o que estou a dicir cando estou a bailar?”.

Esta peza foi desde sempre e ata hoxe unha peza improvisada. Vera Mantero, autora de pezas míticas da danza contemporánea, como Poesía e selvageria ou estes Tres solos que presentamos, docente, axitadora cultural, e tamén actriz de cinema e cantante.

Unha artista irredutible. A dimensión da súa figura na danza actual e na cultura portuguesa non cabe nun programa de man.

AO REMATAR, CONVERSA ABERTA ENTRE VERA MANTERO, ESTHER FERRER E IDOIA ZABALETA.

Mercar entradas Escenas do Cambio 2019 - Tres solos. Vera Mantero Santiago de Compostela .

Escenas do Cambio 2019 - Tres solos. Vera Mantero Escenas do Cambio 2019 - Tres solos. Vera Mantero

Nesta edición presentamos por primeira vez en Galicia o traballo da coreógrafa portuguesa Vera Mantero. E facémolo con Tres solos, que son xa parte da historia da danza: Olympia (17’), Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings (20’), e Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois (20’)

Olympia de Vera Mantero é unha paráfrase única da pintura de  Manet. Unha mestura de palimpsesto de cinco minutos da Olympia impresionista e extractos do libro L’asphixiante Culture de Jean Dubuffet.

Uma misteriosa coisa disse e.e. cummings é unha homenaxe á sirena tropical dos cabarets parisienses da década de 1920, Joséphine Baker. Bailarina negra, cantante e actriz dunha familia estadounidense pobre e pioneira da danza contemporánea.

Tal vez ela pudesse dançar primeiro e pensar depois é un só estreado en 1991, creado para o Festival Europalia en Bélxica. Escribiu Mantero na folla de sala nese momento: “A miña relación coa danza xira ao redor das seguintes cuestións: que é o que di a danza? Que podo dicir coa danza? Que é o que estou a dicir cando estou a bailar?”.

Esta peza foi desde sempre e ata hoxe unha peza improvisada. Vera Mantero, autora de pezas míticas da danza contemporánea, como Poesía e selvageria ou estes Tres solos que presentamos, docente, axitadora cultural, e tamén actriz de cinema e cantante.

Unha artista irredutible. A dimensión da súa figura na danza actual e na cultura portuguesa non cabe nun programa de man.

AO REMATAR, CONVERSA ABERTA ENTRE VERA MANTERO, ESTHER FERRER E IDOIA ZABALETA.

8,00 € 2019-02-07T20:30 2019-02-07T20:30 Museo Centro Gaiás - Sala - 1 Monte Gaiás s/n Santiago de Compostela