Escenas do Cambio 2019 - Loie Fuller Research+ Tutuguri+ Chroma
festivais

Escenas do Cambio 2019 - Loie Fuller Research+ Tutuguri+ Chroma

Museo Centro Gaiás - Sala - 1 Santiago de Compostela

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Venres, 15 Febreiro 20.30
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Organiza

Fund.Cidade da Cultura de Galicia

Merca entradas Escenas do Cambio 2019 - Loie Fuller Research+ Tutuguri+ Chroma Santiago de Compostela .

LOIE FULLER RESEARCH. Ola Macijewska 

En Loie Fuller: Research, a coreógrafa Ola Maciejewska aprópiase criticamente do ‘vestido danzante’ inventado por Loie Fuller ( Illinois, 1862-París, 1928), unha das artistas da danza máis innovadoras e recoñecidas do modernismo. Loie Fuller: Research xoga a organizar formas e estados en constante transformación. Consiste nunha sucesión de exercicios que se despregan ante o público, poñendo en relación o escultórico (o vestido) coa persoa que o esculpe. Non busca reforzar a relación física coas cousas, senón máis ben facilitar formas que fagan esa relación visible. Trátase dunha práctica corporal para estimular o movemento da materia que recibe a forma, un movemento que emerxe como resultado da relación entre o corpo humano e o obxecto: o “vestido danzante”.

Nada en Polonia e residente en París, Ola Maciejewska é coreógrafa. En 2012 obtén o máster en Teatro Contemporáneo e Danza da Universidade de Utrecht. Loie Fuller: Research (2011), foi presentada en Francia –como na Bienal de Lyon no outono de 2017–, Suíza, Canadá, Polonia, Holanda ou Portugal.

O seu novo traballo, Dance Concert estreouse recentemente no Teatro Nacional Taichung de Taiwan e mostrarase no Centro Pompidou de París no marco do Festival de Outono.

TUTUGURI. Flora Détraz 

As cordas vocais e o corpo póñense en xogo, Tutuguri é ver e escoitar un baile. Deste corpo vocal emana toda unha serie de sons: cantos, bisbeos, fragmentos de conversación, sons de animais, berros de bebés ou tintineos de alieníxenas. Os sons en Tutuguri deslízanse e chocan cos xestos. Ás veces, o que se pode oír vese, ás veces non. O corpo transfórmase nun refuxio que acolle a unha gran cantidade de seres, de identidades e de historias. Tutuguri é un ser que envolveu os mundos, un ser mitolóxico que nace en Artaud e que se segue encarnando hoxe.

Flora Détraz formouse en danza e literatura e integra a formación do Centro Coreográfico Nacional de Rillieux-la-pape-, dirixido por Maguy Marin. Durante a súa carreira, atópase con Meredith Monk, Jonathan Burrows, Loïc Touze, Meg Stuart, Vera Mantero ou Lia Rodrigues e traballa como intérprete para Marlene Monteiro Freitas.

CHROMA (35’). Alessandro Sciarroni

Durante a experiencia do proxecto Migrant Bodies, entre 2014 e 2015, Sciarroni desenvolve unha idea para unha nova práctica performativa que é profundamente xerminal. A partir da observación dos fluxos migratorios dalgúns animais, que ao final da súa vida volven reproducirse e morren no seu territorio natal, o artista comezou a traballar no concepto de “xiro”.

O termo preséntase no escenario nun sentido literal, a través da acción do corpo virando ao redor do seu eixo: a acción desenvólvese nunha viaxe emocional psicofísica, unha danza de duración, da mesma maneira en que “virar” tamén significa evolucionar, cambiar.

Na versión TURNING_ migrant bodies, Sciarroni volve ao escenario para realizar a acción en persoa, despois de adestrar durante varios meses na práctica que lle permite ao corpo virar indefinidamente sen perder o equilibrio. Do mesmo xeito que noutros traballos, a duración da acción e o aumento gradual da velocidade poden crear unha especie de vínculo hipnótico entre o intérprete e o espectador.

Alessandro Sciarroni é un dos coreógrafos de referencia dos últimos anos. As súas pezas, traballando sempre a partir de materiais tradicionais, ou dun xesto único (a risa, os malabares, o xiro, a danza tradicional tirolesa) , conseguen un efecto hipnótico que multiplica os significados do que pode ser a danza hoxe.

Mercar entradas Escenas do Cambio 2019 - Loie Fuller Research+ Tutuguri+ Chroma Santiago de Compostela .

Escenas do Cambio 2019 - Loie Fuller Research+ Tutuguri+ Chroma Escenas do Cambio 2019 - Loie Fuller Research+ Tutuguri+ Chroma

8,00 € 2019-02-15T20:30 2019-02-15T20:30 Museo Centro Gaiás - Sala - 1 Monte Gaiás s/n Santiago de Compostela