Escenas do Cambio 2019 - Minor Matter
festivais

Escenas do Cambio 2019 - Minor Matter

Museo Centro Gaiás - Sala - 1 Santiago de Compostela

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 8,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Sábado, 16 Febreiro 20.30
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Organiza

Fund.Cidade da Cultura de Galicia

Merca entradas Escenas do Cambio 2019 - Minor Matter Santiago de Compostela .

Minor matter, da coreógrafa dominicana afincada en Berlín Ligia Lewis, estreouse en HAU Hebbel am Ufer, en Berlín (Alemaña).

Minor matter desenvólvese de maneira multidireccional creando unha poética da disonancia, a partir da cal xorden cuestións de re-presentación, presentación, abstracción e os límites da significación. Ao longo da coreografía, os intérpretes empuxan os seus corpos contra os límites do escenario, á vez que ilustran unha relación humilde entre os seus corpos e o espazo, que os engaiola para achegarse á materia: o negro.

En Minor matter o son viaxa a través de épocas musicais para chegar á poética do presente íntimo. Construído sobre a lóxica da interdependencia, as partes do teatro —luz, son, imaxe e arquitectura— entrelázanse cos tres artistas, dando vida a un vibrante espazo social e poético. Como bailarina, Lewis actuou para artistas como Mette Ingvartsen e Eszter Salamon.

Minor matter é a segunda parte da triloxía de Lewis (Azul, Vermello, Branco), construída para tres intérpretes. Un traballo onde a luz, a música e o espazo levan a estes últimos corpos disidentes ao abismo; o abismo desde o que pensaremos como continuar.

Mercar entradas Escenas do Cambio 2019 - Minor Matter Santiago de Compostela .

Escenas do Cambio 2019 - Minor Matter Escenas do Cambio 2019 - Minor Matter

Minor matter, da coreógrafa dominicana afincada en Berlín Ligia Lewis, estreouse en HAU Hebbel am Ufer, en Berlín (Alemaña).

Minor matter desenvólvese de maneira multidireccional creando unha poética da disonancia, a partir da cal xorden cuestións de re-presentación, presentación, abstracción e os límites da significación. Ao longo da coreografía, os intérpretes empuxan os seus corpos contra os límites do escenario, á vez que ilustran unha relación humilde entre os seus corpos e o espazo, que os engaiola para achegarse á materia: o negro.

En Minor matter o son viaxa a través de épocas musicais para chegar á poética do presente íntimo. Construído sobre a lóxica da interdependencia, as partes do teatro —luz, son, imaxe e arquitectura— entrelázanse cos tres artistas, dando vida a un vibrante espazo social e poético. Como bailarina, Lewis actuou para artistas como Mette Ingvartsen e Eszter Salamon.

Minor matter é a segunda parte da triloxía de Lewis (Azul, Vermello, Branco), construída para tres intérpretes. Un traballo onde a luz, a música e o espazo levan a estes últimos corpos disidentes ao abismo; o abismo desde o que pensaremos como continuar.

8,00 € 2019-02-16T20:30 2019-02-16T20:30 Museo Centro Gaiás - Sala - 1 Monte Gaiás s/n Santiago de Compostela