Escenas do Cambio 2019 - Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer
festivais

Escenas do Cambio 2019 - Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer

Museo Centro Gaiás - Sala - 2 Santiago de Compostela

Mercar nesta sesión Ver outras sesións
desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Xoves, 07 Febreiro 18.00
Dispoñibles
Numeradas / Sen numerar

Organiza

Fund.Cidade da Cultura de Galicia

Merca entradas Escenas do Cambio 2019 - Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer Santiago de Compostela .

Na acción Os voy a contar mi vida interveñen 16 persoas, das cales 8 persoas son xordas ou dominan a linguaxe de signos e outras 8 falan cada unha na súa lingua. A performance combina o aspecto visual e sonoro do linguaxe, culminando nun coro de xestos e voces nos que diferentes linguas, culturas e sensibilidades interactuarán nun mesmo conxunto visual e sonoro. Unha acción coa que Esther Ferrer tenta contribuír á visibilidade da linguaxe de signos e a celebrar a diversidade de formas de pensar, de expresarse e de comunicar propias de cada lingua.

Desde o inicio da súa carreira a finais dos anos sesenta, Esther Ferrer ( Donostia-San Sebastián, 1937), desenvolve as súas liñas de pensamento a través dunha gran variedade de formas e materiais e convértese nunha das artistas pioneiras da performance, xénero que ela define como “a arte que combina o tempo e o espazo coa presenza dun público que non é mero espectador, senón que, se o desexa, pode participar na acción”.

A artista valora, por riba de todo, a liberdade do espectador, polo que non lle ofrece conclusións senón preguntas e dúbidas para que, de maneira autónoma, xere a súa propia interpretación persoal.

En 1967 Esther Ferrer empeza a participar nas actividades do grupo Zaj facendo desde entón da arte de acción o seu principal medio de expresión. A partir de 1970 retoma a realización de obras plásticas a través de fotografías intervidas, instalacións, cadros e debuxos, baseados na serie de números primos, obxectos ou pezas sonoras. O seu traballo con ZAJ continúa, con accións moi directas ata 1996, ano en que se disolve o grupo tras unha exposición retrospectiva no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. En 1999 representa a España na Bienal de Venecia e é Premio Nacional de Artes Plásticas e Premio Velázquez.

Mercar entradas Escenas do Cambio 2019 - Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer Santiago de Compostela .

Escenas do Cambio 2019 - Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer Escenas do Cambio 2019 - Os voy a contar mi vida. Esther Ferrer

Na acción Os voy a contar mi vida interveñen 16 persoas, das cales 8 persoas son xordas ou dominan a linguaxe de signos e outras 8 falan cada unha na súa lingua. A performance combina o aspecto visual e sonoro do linguaxe, culminando nun coro de xestos e voces nos que diferentes linguas, culturas e sensibilidades interactuarán nun mesmo conxunto visual e sonoro. Unha acción coa que Esther Ferrer tenta contribuír á visibilidade da linguaxe de signos e a celebrar a diversidade de formas de pensar, de expresarse e de comunicar propias de cada lingua.

Desde o inicio da súa carreira a finais dos anos sesenta, Esther Ferrer ( Donostia-San Sebastián, 1937), desenvolve as súas liñas de pensamento a través dunha gran variedade de formas e materiais e convértese nunha das artistas pioneiras da performance, xénero que ela define como “a arte que combina o tempo e o espazo coa presenza dun público que non é mero espectador, senón que, se o desexa, pode participar na acción”.

A artista valora, por riba de todo, a liberdade do espectador, polo que non lle ofrece conclusións senón preguntas e dúbidas para que, de maneira autónoma, xere a súa propia interpretación persoal.

En 1967 Esther Ferrer empeza a participar nas actividades do grupo Zaj facendo desde entón da arte de acción o seu principal medio de expresión. A partir de 1970 retoma a realización de obras plásticas a través de fotografías intervidas, instalacións, cadros e debuxos, baseados na serie de números primos, obxectos ou pezas sonoras. O seu traballo con ZAJ continúa, con accións moi directas ata 1996, ano en que se disolve o grupo tras unha exposición retrospectiva no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. En 1999 representa a España na Bienal de Venecia e é Premio Nacional de Artes Plásticas e Premio Velázquez.

5,00 € 2019-02-07T18:00 2019-02-07T18:00 Museo Centro Gaiás - Sala - 2 Monte Gaiás s/n Santiago de Compostela