Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - MALA RODRÍGUEZ “LUJO IBÉRICO UNPLUGGED”
festivais

Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - MALA RODRÍGUEZ “LUJO IBÉRICO UNPLUGGED”

Teatro Afundación Vigo Vigo

Descargar aquí Documento Autorización menores 16 anos

As entradas adquiridas serán canxeadas posteriormente por entradas numeradas según os protocolos sanitarios vixentes durante a celebración do Festival

desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - MALA RODRÍGUEZ “LUJO IBÉRICO UNPLUGGED” Vigo .

MALA RODRIGUEZ:

Unha das artistas máis importantes e respectadas da música urbana en castelán que a pesar da súa longa traxectoria chega a Underfest cun novo show, “Lujo Iberico Unplugged”, que presentará por 1ª vez en Galicia. Trátase dun formato íntimo en acústico no que a sevillana reinterpreta un disco histórico como “Lujo Ibérico”, co que alcanzou o disco de ouro e traspasou fronteiras, xunto a outros hits da súa dilatada carreira.

Do 7-12 Outubro 2021, Vigo acollerá un ano máis o seu festival urbano por excelencia, na que será a edición máis extensa ata o momento, ofrecendo 6 días de música con diversas propostas que pasarán polos escenarios máis importantes da cidade.

Tras as súas 3 exitosas edicións en 2018, 2019 e 2020, con abonos esgotados en todas elas, a 4ª edición do festival UNDERFEST SON ESTRELA GALICIA continúa a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta de calidade para diferentes tipos de público.

Na súa curta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Helado Negro, etc que xunto a nomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os 74 artistas que pasaron polo festival, enchendo os 21 recintos da cidade nos que se desenvolveu Underfest en tan só 3 edicións.

Mercar entradas Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - MALA RODRÍGUEZ “LUJO IBÉRICO UNPLUGGED” Vigo .