Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - TOUNDRA performing “DAS CABINET DES DR.CALIGARI”
festivais

Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - TOUNDRA performing “DAS CABINET DES DR.CALIGARI”

Teatro-Cine Salesianos Vigo

Descargar aquí Documento Autorización menores 16 anos

As entradas adquiridas serán canxeadas posteriormente por entradas numeradas según os protocolos sanitarios vixentes durante a celebración do Festival

desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - TOUNDRA performing “DAS CABINET DES DR.CALIGARI” Vigo .

TOUNDRA performing “Das Cabinet del Dr Caligari”:

O poderío de Toundra e os seus brutais directos xa é dabondo coñecido por todos. Despois de patearse e poñer do revés centos de escenarios do noso país e de fóra, chegan por 1ª vez a Galicia cun interesante proxecto. Xunto á proxección da película, recrean a súa propia banda sonora dun clásico de culto do cinema mudo como é “El Gabinete del Dr Caligari” de Robert Wiene, obra mestra do cinema expresionista alemán. Imperdible.

Do 7-12 Outubro 2021, Vigo acollerá un ano máis o seu festival urbano por excelencia, na que será a edición máis extensa ata o momento, ofrecendo 6 días de música con diversas propostas que pasarán polos escenarios máis importantes da cidade.

Tras as súas 3 exitosas edicións en 2018, 2019 e 2020, con abonos esgotados en todas elas, a 4ª edición do festival UNDERFEST SON ESTRELA GALICIA continúa a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta de calidade para diferentes tipos de público.

Na súa curta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Helado Negro, etc que xunto a nomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os 74 artistas que pasaron polo festival, enchendo os 21 recintos da cidade nos que se desenvolveu Underfest en tan só 3 edicións.

Mercar entradas Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - TOUNDRA performing “DAS CABINET DES DR.CALIGARI” Vigo .