Concierto presentación Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - RIGOBERTA BANDINI
festivais

Concierto presentación Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - RIGOBERTA BANDINI

Teatro-Cine Salesianos Vigo

Descargar aquí Documento Autorización menores 16 anos

As entradas adquiridas serán canxeadas posteriormente por entradas numeradas según os protocolos sanitarios vixentes durante a celebración do Festival.

* Haberá unha cota limitada de entradas a 10€ + gastos para as persoas que asistisen a algún dos concertos de Underfest 2020. Os interesados debedes escribir a [email protected] e enviaránvos unha ligazón para adquirilas a este prezo. Esta promo será valida durante o mes de Xullo ou ata completar o aforo dispoñible

* Este concerto non entra dentro do abono do festival Underfest SON Estrela Galicia 2021

desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Concierto presentación Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - RIGOBERTA BANDINI Vigo .

* Haberá unha cota limitada de entradas a 10€ + gastos para as persoas que asistisen a algún dos concertos de Underfest 2020. Os interesados debedes escribir a [email protected] e enviaránvos unha ligazón para adquirilas a este prezo. Esta promo será valida durante o mes de Xullo ou ata completar o aforo dispoñible

* Este concerto non entra dentro do abono do festival Underfest SON Estrela Galicia 2021

O fenómeno RIGOBERTA BANDINI é un dos proxectos máis exitosos que xurdiron ultimamente na escena música española. As súas primeira cancións fixéronse virales en plena pandemia e agora converteuse nunha das artistas máis desexadas por festivais e programacións.
As súas cancións cativan á primeira escoita. Letras acidas, irónicas, divertidas, pero nada inocentes e esa adictiva mestura de pop e electrónica levárona a aumentar de forma exponencial o seu número de seguidores e a ser sen dúbida una das artistas do momento.

Paula Ribó é a persoa detrás de Rigoberta Bandini. Artista multidisciplinar onde as haxa, a creadora catalá de 30 anos leva cantando desde os seis, compoñendo desde os sete, actriz de dobraxe sendo a voz en español de personaxes como Caillou ou en películas como “El viaje de Chihiro", publicou unha novela de autoficción chamada "Vértigo", estreado as súas pezas teatrais como directora, dramaturga e actriz no Festival Tempada Alta de Xirona ou o Teatre Lliure, entre outros lugares, e atopa inspiración para escribir poesía ata cun concepto como o dunha transferencia bancaria. Pero foi a música que crea e interpreta baixo o seu alter ego Rigoberta Bandini a que a converteu nun dos fenómenos musicais do ano.

UNDERFEST SON Estrela Galicia celebrarase en Vigo do 7—12 Outubro 2021. O sábado 2 Outubro iniciamos a súa programación cun concerto de presentación do festival protagonizado por Rigoberta Bandini.
Será o pistoletazo de saída para unha 4ª edición que de novo achegará a Vigo diversas propostas musicais que pasarán polos principais escenarios da cidade. Unha aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta de calidade para diferentes tipos de público na que terán cabida artistas internacionais, nacionais e o mellor talento local.

Mercar entradas Concierto presentación Festival UNDERFEST SON Estrella Galicia - RIGOBERTA BANDINI Vigo .