Aquí Tou!
humor

Aquí Tou!

Auditorio de Verín Verín

31 agosto 2024 - 22.15 h.

desde* 15,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Aquí Tou! Verín .

No festival internacional de curtametraxes FIC VIA XIV de Verín, temos o pracer de contar con Touriñán e o seu espectáculo Aquí Tou!

Nel Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.

Mercar entradas Aquí Tou! Verín .