Merca entradas JOAQUÍN REYES - "Festejen la broma" Ourense .
Joaquín Reyes presenta un novo espectáculo de humor como quedades? co cu torcido? Twisted ass?.
Preparou con gran esmero unha amálgama de parvadas para deleite do seu querido público e tamén, dalgún descoidado que se meta no teatro buscando humor intelixente.
A pesar de ser xa un viejuno no mundo da comedia enténdese, Reyes non perdeu a frescura dos seus inicios chanantes isto quere dicir que segue facendo bromas sobre peidos? Efectivamente así é.
Ironía fina e tamén gorda, ideas “ relocas” e cantigas nihilistas todo iso e moito máis é Festexen a broma!
A lombos dun pónei alazán percorrerá a gran maioría dos teatros do país, nunha xira onde se comprometeu a actuar sobrio.
Non llo perdan e… festéxenno!
Mercar entradas JOAQUÍN REYES - "Festejen la broma" Ourense .