‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo
humor

‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo

Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo

+16

8 xuño 2024 - 20 h.

Non recomendado para menores de 16 anos

desde* 12,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas ‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo Lugo .

‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Mercar entradas ‘Corentena’. Perdomo e Touriñán en directo Lugo .