GOYO JIMÉNEZ "AIGUANTULIVINAMÉRICA 3"
humor

GOYO JIMÉNEZ "AIGUANTULIVINAMÉRICA 3"

Auditorio PALEXCO A Coruña

17 setembro 2022 - 21.00 h.

desde* 22,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas GOYO JIMÉNEZ "AIGUANTULIVINAMÉRICA 3" A Coruña .

GOYO JIMÉNEZ REGRESA A GALICIA COA ESTREA DE AIGUANTULIVINAMÉRICA 3

Amigas, amigos, amigues… Eu teño un soño.
Eu teño un soño e é que onte á noite ceei forte e logo, claro, estiven a dar voltas na cama por culpa da pesadez de estómago e do refluxo porque, ademais, non tiña a almofada adecuada e… Pero isto agora non vén a conto e, ademais, vou do tema.
Eu teño un soño e é que, algún día, as nosas vidas sexan igual de emocionantes, glamurosas e profundas que as dos americanos, e que, mentres ese día chega, podamos seguir partíndonos a caixa xuntos en teatros, auditorios e salas polivalentes, adecuadamente equipadas, á conta de rirnos das nosas diferenzas e similitudes.
Eu teño un soño e é que, a pesar da facervos rir xa ata a extenuación con Aiguantulivinamérica 1 e Aiguantulivinamérica 2, poida agora esnaquizar os vosos órganos internos por culpa das gargalladas
que vos provoque con Aiguantulivinamérica 3, e seguir, ademais, acumulando cantidades indecentes de diñeiro como recompensa.
Eu teño un soño e é que, a pesar de todas as dificultades e frustracións do momento, sigamos rindo xuntos, ata alcanzar a éxtase, co final desta triloxía americana.
Con todos vós… Aiguantulivinamérica 3

Mercar entradas GOYO JIMÉNEZ "AIGUANTULIVINAMÉRICA 3" A Coruña .