Un pé diante do outro
infantil

Un pé diante do outro

Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

17 OUTUBRO - 17 HS
desde* 9,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Un pé diante do outro Santiago de Compostela .

OBRADOIRO FAMILIAR, Cada entrada dará acceso a un grupo familiar de máximo 4 persoas.

Un pé diante do outro

Un camiño é como unha liña, unha sucesión de puntos no espazo, e para percorrelo hai que poñer un pé diante do outro. Mais… sempre son necesarios os pés para desprazarse? A partir dos álbumes ilustrados Manual del buen paseante, de Ramón Juventeny e Dos caminos, de Guridi, e de artistas contemporáneas como Esther Ferrer e Mona Hatoum xogaremos coas liñas, cos pés e cos camiños para investigar posibilidades.

OLLO!:

         Cada entrada dará acceso a un grupo familiar de máximo 4 persoas.

         Recomendamos traer roupa cómoda.

         Escolle os teus calcetíns máis rechamantes e bonitos! Pode darse o caso de ter que sacar os zapatos.

A catro pés | Obradoiros para crear, medrar e xogar en familia

Precisamos dos pés para andar? Que pegadas deixamos nós no camiño e cales deixa o camiño en nós? A partir do concepto do camiño e da viaxe, e co propio Camiño de Santiago como eixo transversal, o ciclo A catro pés propón catro obradoiros -diferentes pero conectados- para gozar do tempo compartido en familia experimentando, creando, xogando e, en definitiva, medrando xuntas tanto a cativada coma as persoas adultas.

Os pés, a paisaxe, as lembranzas e as pegadas serán os catro aspectos que se tratarán en cada un destes obradoiros familiares que se desenvolverán no Gaiás nas tardes dos sábados de outubro (do 9 ao 30). Consulta a continuación o programa e merca a túa entrada:

Mercar entradas Un pé diante do outro Santiago de Compostela .