No peto ou na mochila
infantil

No peto ou na mochila

Museo Centro Gaiás Santiago de Compostela

23 OUTUBRO - 17 HS
desde* 9,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas No peto ou na mochila Santiago de Compostela .

OBRADOIRO FAMILIAR, Cada entrada dará acceso a un grupo familiar de máximo 4 persoas.

No peto ou na mochila

As historias xacen agochadas detrás dunha esquina, nas voces ou na auga do río. Ás veces son inventadas e contan aventuras fantásticas e ás veces lémbrannos todo aquilo que deixamos atrás. Neste obradoiro xogamos e experimentamos entre o soporte de caderno de campo e fanzine para capturar pequenos relatos.

OLLO!:

         Cada entrada dará acceso a un grupo familiar de máximo 4 persoas.

         Malia que todo o material empregado será lavable, mellor traer roupa que poida mancharse.

         Non é necesario que todas as persoas saiban e poidan ler e escribir, mais será importante que parte do grupo sexa quen de facelo.

         Cada grupo deberá achegar un obxecto (de tamaño pequeno ou mediano), cun significado ou lembranza especial: desde unha bufanda a unha culler, todo vale!

A catro pés: Obradoiros para crear, medrar e xogar en familia

Precisamos dos pés para andar? Que pegadas deixamos nós no camiño e cales deixa o camiño en nós? A partir do concepto do camiño e da viaxe, e co propio Camiño de Santiago como eixo transversal, o ciclo A catro pés propón catro obradoiros -diferentes pero conectados- para gozar do tempo compartido en familia experimentando, creando, xogando e, en definitiva, medrando xuntas tanto a cativada coma as persoas adultas.

Os pés, a paisaxe, as lembranzas e as pegadas serán os catro aspectos que se tratarán en cada un destes obradoiros familiares que se desenvolverán no Gaiás nas tardes dos sábados de outubro (do 9 ao 30). Consulta a continuación o programa e merca a túa entrada:

Mercar entradas No peto ou na mochila Santiago de Compostela .