Merca entradas “De ellos aprendí” EL MUSICAL DE LOS GRANDES MUSICALES A Coruña .
OS MENORES DE 36 MESES QUE NON OCUPEN BUTACA NON PAGAN ENTRADA
Duranción: 90 min.
“De ellos aprendí”. EL MUSICAL DE LOS GRANDES MUSICALES, ten a súa orixe nun evento inesperado na Illa de Motunui, onde Vaiana, que será a protagonista do musical, ten a primeira oportunidade de conducir ao seu pobo. Para iso, déixase guiar polo espírito sabio da súa avoa Tala, que a levará nunha gran viaxe, a través de historias máxicas, que a axudarán a ser a gran líder que precisa o seu pobo.
E serán escenas e personaxes de La Sirenita, El Rey León, Frozen, Aladino, Rapunzel ou La Bella y la Biesta os que aparecerán no escenario como protagonistas deste musical, no que, grazas aos valores e coñecementos que aprenderá deles, Vaiana fará que a súa avoa Tala, así como a súa xente, se sintan moi orgullosos do líder no que se converteu.
Os nove actores, bailaríns e cantantes con todas as voces en directo, rodeados dun gran decorado acompañado de proxeccións e un coidado vestiario, darán vida a un dos grandes musicais do ano, que sen dúbida conmoverá a todas as familias.
Mercar entradas “De ellos aprendí” EL MUSICAL DE LOS GRANDES MUSICALES A Coruña .