Concierto en Familia: DE AQUÍ PARA ALÁ COAS EMOCIÓNS
infantil

Concierto en Familia: DE AQUÍ PARA ALÁ COAS EMOCIÓNS

Sala de Cámara - Palacio de la Ópera A Coruña

27 abril 2024 - 12 h.

desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Concierto en Familia: DE AQUÍ PARA ALÁ COAS EMOCIÓNS A Coruña .

INTÉRPRETE: LYDIA BOTANA

A bolboreta máis musical, aquela que viaxara de aquí para alá polo mundo adiante á procura da felicidade para o seu amiguiño africano, ¡perdeu as cores das ás!

Ao principio non sabe que puido pasar pero devagariño comeza a comprender as emocións que sente e a coñecerse máis a si mesma, algo que a vai axudar a comunicarse mellor a través da música.

Mediante ritmos e melodías de diversas culturas, descubriremos novos instrumentos musicais e bailes cos que aprenderemos a cantar nas linguas de diferentes terras.

Poderá Bolboreta recuperar todas as cores das ás nesta nova aventura?

Todos os asistentes deberán adquirir unha entrada independentemente da súa idade e de se ocupan ou non asento.

Mercar entradas Concierto en Familia: DE AQUÍ PARA ALÁ COAS EMOCIÓNS A Coruña .