V GALICIA MAGIC FEST - GALA INTERNACIONAL
infantil

V GALICIA MAGIC FEST - GALA INTERNACIONAL

Teatro Afundación Vigo Vigo

26 e 27 decembro - 17.30 e 20.30 hs. Desconto 4*3 autoaplicado no prezo no último paso da compra.
desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas V GALICIA MAGIC FEST - GALA INTERNACIONAL Vigo .

Tras o éxito de público e crítica das catro edicións do Nadal anteriores chega por quinto ano tras a pandemia A Gala Internacional de Ilusionismo GALICIA  MAGIC  FEST. Os mellores e máis premiados magos do mundo chegan a Galicia para deixarche coa boca aberta. Poderás ver en directo números de maxia asombrosos, únicos, espectaculares, arriscados, ensoñadores acompañados dunha produción de iluminación  envolvente e impactante baixo a dirección artística do Ilusionista Pedro Volta.

Elenco de artistas de prestixio internacional que participan en Galicia Magic Fest V edición na VIGO

Celia Muñoz
(Madrid)
Gañadora da última edición de Got Talent España

É a nova revelación artística de Got Talent España na súa última edición conseguindo pase de ouro e ser a gañadora deste programa de gran éxito grazas ao seu talento como ventrílocua. Unha arte afín á maxia polo seu carácter de ilusión facéndonos crer que os bonecos cobran vidas propia coa difícil arte de falar sen mover a boca ao mesmo tempo que establece unha conversa cos seus personaxes. No caso de Celia Muñoz súmase o talento de non soamente falar senón de cantar de forma case máxica sen mover os beizos.

Charlie Mag
(Barcelona)
Premio Mandrake de Ouro de París e Campión Europeo ( FISM) de maxia xeral, entre outros moitos galardóns. Tras percorrer o mundo enteiro co seu innovador e espectacular número con pombas chega desde Barcelona a Vigo este mozo e incrible mago para que te quedes coa boca aberta.

Arkadio
(Burgos)
Premio Varita de Ouro de Montecarlo, Premio Nacional de Manipulación, entre unha gran cantidade de premios. Arkadio é pura enerxía e mestría sobre o escenario. Percorreu unha gran cantidade de países e recentemente estivo en Macao e en Israel. Na actualidade participou en Got Talent de diferentes países de Europa como Romanía, Grecia e Portugal. En Galicia Magic Fest vibrarás coa súa maxia chea de forza e ritmo con grandes ilusións incribles.

Solanges kardinali
(Portugal)
Semifinalista de Got Talent España, Portugal entre outros galardóns en festivais nos últimos meses participou en Got Talent en diferentes partes do mundo. É unha das magas máis internacionais na actualidade e é experta na arte máxica do Quick Changes (cambios de roupa ultra rápidos e moi máxicos que sorprenden aos espectadores pola súa perfecta execución.


Henry Evans
(Arxentina)
Gran Premio Mundial da Maxia. Sen dúbida, é un dos magos máis prestixiosos do mundo enteiro e os seus actos de maxia son moi visuais e imposibles. A través dunha gran pantalla poderemos gozar dos números que magos do mundo enteiro admiran pola súa imposibilidade e presentacións moi orixinais. Ademáis conseguirá que cinco espectadores fagan maxia coas súas propias mans de forma incrible.


Pedro Volta
(Pontevedra)
Semifinalista de Got Talent España na súa quinta edición.Director artístico e promotor de festivais de maxia e creador Galicia Magic Fest. Na actualidade dirixe o espectáculo Hangar 52 Revolution do mago Yunke en Ifema Madrid. Será o condutor da Gala Internacional de Galicia que tras a pandemia chega á súa quinta edición. Traballou en proxectos máxicos en países como Estados Unidos, China e Australia.

Mercar entradas V GALICIA MAGIC FEST - GALA INTERNACIONAL Vigo .