SARRIA SORRÍ presenta : LECHAZO A FEIRA - Xose A. Touriñán, David Amor, Álex Clavero y J.J. Vaquero
monologos

SARRIA SORRÍ presenta : LECHAZO A FEIRA - Xose A. Touriñán, David Amor, Álex Clavero y J.J. Vaquero

Antiguo Campo de Rugby - Parque de O Chanto Sarria

8 DE AGOSTO DE 2021 - 21.30HS

desde* 18,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas SARRIA SORRÍ presenta : LECHAZO A FEIRA - Xose A. Touriñán, David Amor, Álex Clavero y J.J. Vaquero Sarria .

Os asentos contiguos están destinados a persoas conviventes. A adquisición daqueles supón o recoñecemento expreso desta condición por parte dos/as asistentes.

Será obrigatorio o uso de máscara durante toda a representación e será de obrigado cumprimento todas as normas vixentes en materia de prevención de COVID no día do evento.

Os nosos acomodadores conduciranlle ao seu asento, e non estará permitido o cambio de localización.

Para os grupos de conviventes que desexen sentar xuntos han de realizar a compra conxuntamente. Para calquera cambio é necesario escribir un email a [email protected]

Respecten as distancia de seguridade nas colas.

Para abandonar o recinto, espere ás indicacións dos nosos acomodadores.

A organización resérvase o dereito para modificar a hora ou a localización do evento por causas meteorolóxicas ou situacións motivadas polo COVID.

Xosé A. Touriñán, David Amor, Álex Clavero e JJ Vaquero xuntos no que sen ningunha dúbida é un dos espectáculos máis divertidos do ano.

Valladolid e Galicia teñen moitas máis cousas en común do que nos cremos, ou non? O certo é que non o temos do todo claro pero escollemos a catro persoas que nolo poderán aclarar.

Dous dos cómicos máis representativos de Galicia - Xosé Touriñán e David Amor- únense a dous dos cómicos máis representativos de Valladolid - J. J. Vaqueiro e Álex Clavero- para facernos ver, entre risas, o diferentes e parecidos que somos. O resultado: un monólogo desternillante e ata unha nova e exquisita receita: Lechazo á Feira!

E como nace o proxecto? Como non podía ser doutra maneira, foi ao redor dunha mesa, un viño e unha ración de polbo que se ventilaron os dous galegos e os dous valisoletanos. E, entre o picante do polbo e o talento dos catro humoristas, cociñouse un espectáculo de case dúas horas de duración, saboroso e nada indixesto, pensado para converterse en prato estrela do menú humorístico en España. Que é Lechazo á feira? Un manxar de case dúas horas de monólogos que che farán chorar da risa.

Mercar entradas SARRIA SORRÍ presenta : LECHAZO A FEIRA - Xose A. Touriñán, David Amor, Álex Clavero y J.J. Vaquero Sarria .