VI Gala Non te esquezas de rir
monologos

VI Gala Non te esquezas de rir

Teatro Afundación Vigo Auditorio Vigo

19 de setembro - 19 horas

desde* 12,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas VI Gala Non te esquezas de rir Vigo .

A risa é un elemento máis nas nosas vidas. A atopamos en todas partes: nas rúas, nas nosas casas, no traballo, nos bares… Está nos momentos máis cotiáns (e tamén nos máis estraños) do día a día. É algo do que nunca nos podemos esquecer.

Dende Afaga Alzheimer organizamos a nosa VI Gala NON TE ESQUEZAS DE RIR. Pasaremos unha velada chea de risas con Lucía Veiga, Marita Martínez, Diana Sieira e Ángela Triana. Monologuistas de armas tomar que veñen a Vigo dende A Coruña para lembrarnos o importante que é rir nas boas e nas malas. Porque todo se pasa mellor coa risa do noso lado. Acompáñanos este 19 de setembro no auditorio do teatro Afundación. ¡Non te esquezas de traer a túa mellor risa!

Mercar entradas VI Gala Non te esquezas de rir Vigo .