Sesións
Pantomima Full - En su Cabeza era Espectacular 2021-05-15 desde 16,00 € - Teatro Afundación VigoOrganiza
Merca entradas Pantomima Full - En su Cabeza era Espectacular Vigo .
Desde Ataquilla queremos informarche que a organización viuse obrigada a aprazar “Pantomima Full - En su Cabeza era Espectacular”en Vigo.
As entradas xa adquiridas serán igualmente válidas para acceder na nova data sen necesidade de efectuar ningún cambio.
Quen prefira solicitar a devolución das súas entradas, poderán facelo ata o 14 de outubro de 2020 inclusive, escribindo a [email protected] indicando a dirección de correo electrónico coa que se efectuou a compra e a referencia da compra e procederemos ao reembolso.
Moitas grazas
Espectáculo recomendado para maiores de 16 anos.
O segundo show de Pantomima Full desde que son coñecidos. Nin eles imaxinábanse que os vídeos dun minuto ían dar para tanto.
Pero aquí están. Se che gustou o primeiro show de Pantomima Full, curraronse outro 100% novo para que poidas volver velos e non te sintas estafado.
É o mesmo rolo, dous rapaces odiando todo o que lles rodea e facendo sketches sobre iso.
Se te perdiches o primeiro show de Pantomima Full, que saibas que esta segunda parte enténdese perfectamente sen ver a primeira.
E se non sabes quen son Pantomima Full e tampouco sabes moi ben como acabaches lendo isto, vai ser difícil convencerche para comprar unha entrada cunha reseña.
Mellor pon “Pantomima Full” en Youtube e se che mola, xa volves aquí.
En definitiva, ir ver a Pantomima Full en directo é unha boa opción para botar o intre. Se non es de ir ao teatro, pois é unha noite que fas algo distinto. Non che cambia a vida, pero que clase de imbécil pretende cambiar a vida da xente cunha obriña de teatro.
Hai que ser pretencioso. Aquí vés, ris unha hora e pico, vas e segues coa túa vida de sempre. Para ben ou para mal.
E se che decepciona sempre poderás dicir que: “En su cabeza era espectacular”.
Mercar entradas Pantomima Full - En su Cabeza era Espectacular Vigo .