WAGNER. MUJERES Y DIOSAS
musica-clasica

WAGNER. MUJERES Y DIOSAS

Teatro Afundación Vigo Auditorio Vigo

1 outubro 2022 - 20.00 h.

desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas WAGNER. MUJERES Y DIOSAS Vigo .

Maribel Ortega (soprano)

Carlos E. Pérez (piano)

A soprano Maribel Ortega, sen dúbida unha das voces wagnerianas máis importante do noso país, ofrécenos un indispensable concerto dedicado á presenza feminina na obra de Richard Wagner.

Na primeira parte gozaremos do temperán ciclo de 3 cancións “Trois Mélodies”, composto en 1.839 e dos “Wesendonk Lieder”. Mentres traballaba no primeiro acto de Tristán, no inverno de 1.857, Wagner puxo voz e piano a 5 poemas da súa entón, amante e musa, Mathilde Wesendonck quen, nas súas memorias, manifestou que lles daba, coa súa música, unha suprema “transfiguración e consagración” aos seus poemas. Neles, está o xerme musical de “Tristán e Isolda”.

A segunda parte do concerto está adicado a algunhas das grandes heroínas femininas da produción operística de Wagner. Elisabeth, ao comezo do acto II de “Tannhäuser”, manifesta o seu entusiasmo ante o regreso do protagonista na Sala dos Cantores de Wartburg. Brünhilde, expón a súa felicidade pola presenza de Sigfrido e a súa melancolía pola perda da súa condición divina. Acabaremos co canto de Isolda e coa súa delicada transfiguración para unirse, espiritualmente, con Tristán nunha procura da unión completa, máis aló da existencia física, ata lograr o amor pleno e absoluto transcendendo o mundo terreal.

 

PRIMEIRA PARTE

 

Trois mélodies

                Dors, mon enfant (texto anónimo) WWV 53

                Mignonne (texto de Pierre de Ronsard) WWV 57

                L’attente (texto de Victor Hugo) WWV 55

Sonata en Si b mayor WWV21 Op. 1

                II- Larghetto

Wesendonck Lieder (textos de Mathilde Wesendonck) WWV 91

                I – Der Engel

                II – Stehe still!

                III – Im treibhaus

                IV – Schmerzen

                V – Träume

 

SEGUNDA PARTE

 

Tannhäuser WWV 70: Dich teure halle

Siegfried WWV 86c: Ewig war ich

Die Götterdämmerung WWV 86D: Siegfrieds Trauermarsch (Transcripción para piano N. Lugansky / Carlos E. Pérez)

Tristan und Isolde, WWV 90: Mild und leise wie er lächel

Mercar entradas WAGNER. MUJERES Y DIOSAS Vigo .