Merca entradas RETRINCOS. UNHA GALA PARA OS CEN ANOS Santiago de Compostela .
Cantigas e Agarimos celebra o centenario de súa fundación co espectáculo “Retrincos: unha gala para os 100 anos”, na que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria. Un narrador moi especial estará acompañado de máis de 90 persoas para escenificar nunha proposta actual e emotiva, algúns dos persoeiros e momentos máis importantes da historia de Cantigas, que son tamén parte da historia de Galicia e de moitas xeracións de galegos e galegas.
Con textos de Castelao, Neira Vilas e Casares, entre outros, Cantigas convida a desfrutar destes “Retrincos” a toda a xente que disfruta da cultura galega, especialmente a todas aquelas persoas que foron, son e serán parte da gran familia de Cantigas e Agarimos.
_…”o certo é que a nós sempre nos gustou bailar”_
Mercar entradas RETRINCOS. UNHA GALA PARA OS CEN ANOS Santiago de Compostela .