Tanxugueiras en Cangas. Presentación de Contrapunto
outras-musicas

Tanxugueiras en Cangas. Presentación de Contrapunto

Auditorio Municipal de Cangas Cangas

desde* 10,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Venres, 06 Marzo 21.30
Dispoñibles
Numeradas

Organiza

Play Plan Cultural SLU

Merca entradas Tanxugueiras en Cangas. Presentación de Contrapunto Cangas .

Apertura de Portas 21hs.

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo, Contrapunto. Un disco que incide na recuperación da tradición das pandeireteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situar á música galega en novos escenarios. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia.

Discografía
Tanxugueiras (2018)
Contrapunto (2019) 

Recoñecementos

Mellor álbum galego do 2018 - Premios MIN de la Música Independiente
Música tradicional e folk - Premios Martín Códax da Música
Mellores músicas de Galiza 2018 por Que non mo neguen - Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal

CONTRAPUNTO. NOVO DISCO

A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia.

Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandereiteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

Mercar entradas Tanxugueiras en Cangas. Presentación de Contrapunto Cangas .

Tanxugueiras en Cangas. Presentación de Contrapunto Tanxugueiras en Cangas. Presentación de Contrapunto

10 2020-03-06T21:30 2020-03-06T21:30 Auditorio Municipal de Cangas Avenida de Lugo, 27 Cangas 36940 986 304 108