JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa
outras-musicas

JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa

Centro Cultural O Vello Cárcere Lugo

Ver outras sesións

Aprazado - nova data: 20 de febreiro 2021

0,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Sesións

Sábado, 20 Febreiro 21.00
Esgotado
Numeradas / Sen numerar

Organiza

SWEET NOCTURNA S.L.N.E

Merca entradas JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa Lugo .

Desde Ataquilla queremos informarche que debido ás recentes medidas especiais de contención do coronavirus, postas en marcha pola Xunta, a organización viuse obrigada a aprazar o concerto “JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa" en Lugo.
As invitacións serán igualmente válidas para acceder na nova data sen necesidade de efectuar ningún cambio.
Quen non poida acudir na nova data, poderán escribirnos a [email protected] indicando a dirección de correo electrónico coa que se efectuou a reserva e procederemos a poñelas á venda para disfrute doutra persona.
Moitas grazas

Na antesala do próximo ano Xacobeo, e do mesmo xeito que se fixo na edición de 2010, o ciclo de concertos internacionais Galicia Importa transfórmase novamente no Ciclo Xacobeo Importa.

Grazas ao apoio da Xunta de Galicia e dentro da programación do Xacobeo 21, unha ambiciosa proposta musical formada por artistas de diferentes estilos percorrerá na súa 9ª edición as principais capitais galegas co obxectivo de maximizar o seu impacto xeográfico e  visibilización.

Asentado como o ciclo de concertos internacionais máis importante que se desenvolveu en Galicia ata a data, polas súas 8 edicións anteriores pasaron artistas de referencia nos seus respectivos estilos. Lendas da música contemporánea como Joan  Baez, Alice Cooper,  Ronnie  Spector,  Lucinda Williams,  Steve  Vai ou  Mavis  Staples xunto a nomes de culto da escena independente como Eu Téñoa,  Teenage  FanClub, Interpol,  St.  Etienne ou Richard  Hawley foron só algúns dos máis de 40 artistas que o ciclo levou polos principais escenarios galegos.

Nesta edición de 2020, Xacobeo Importa propón unha coidada selección de nomes que encherán a xeografía galega da mellor música, chegando a un público heteroxéneo que demanda propostas distintas e de calidade. 

Criado en Londres, Jordan Mackmpa é o sumatorio das súas raíces congoleñas e a atmosfera británica. As súas composicións, profundamente persoais, reflicten os sons e as historias das cidades nas que viviu.

A súa voz, intemporal, e as súas melodías fascinantes, demostran a súa capacidade para combinar sons aterradores e relaxantes con letras amargas e alegres e, sen dúbida, como o presente e o futuro das voces do soul.

En 2016 lanzou o seu primeiro EP: Physics, unha colección de cancións de anhelo e perda, con sons do soul, blues e folk. A este primeiro EP seguiulle en 2017 outro máis sombrío e maduro: Tales from the Broken. O seu último traballo trátase do seu álbum debut, Foreigner, que será estreado o próximo 13 de marzo.

Nos últimos anos, Mackampa, recibiu eloxios do público e a crítica especializada, como NME, Clash, Qonderland, Mahogany e The Line of Best Fit e alcanzou máis de 30 millóns de reproducións en plataformas de streaming.

A súa xira Foreigner, dará comezo a finais de marzo e percorrerá Estados Unidos, Canadá, Europa e en España terá 3 datas, sendo a primeira vez que o artista visita Lugo.

Mercar entradas JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa Lugo .

JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa JORDAN MACKAMPA, Ciclo Xacobeo Importa

0 2021-02-20T21:00 2021-02-20T21:00 Centro Cultural O Vello Cárcere Praza da Constitución Lugo