JOAN AS A POLICE WOMAN - Ciclo Xacobeo Importa
outras-musicas

JOAN AS A POLICE WOMAN - Ciclo Xacobeo Importa

Centro Cultural O Vello Cárcere Lugo

27 FEBRERO - 20 HS

0,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas JOAN AS A POLICE WOMAN - Ciclo Xacobeo Importa Lugo .

Joan Wasser -coñecida artisticamente como JOAN AS POLICE WOMAN- é unha cantautora, produtora, guitarrista e violinista estadounidense que iniciou a súa carreira musical en 2004. As súas composicións transitan entre o indie-rock, o soul clásico, sons experimentais e un toque moi persoal, onde teñen tamén cabida diversos estilos. O seu afán pola experimentación viuse reflectida en todos os seus traballos, sempre eloxiados e ben recibidos por prensa e público.

Experta en colaborar con outros músicos, Joan Wasser prestou as súas cordas vocais e instrumentais a grandes artistas como Elton John, Rufus Wainwright, Sheryl Crow, Sparklehorse, Scissor Sisters, Antony and The Johnsons, Placebo, Gorillaz e mesmo chegou a gravar un disco coa banda do estrañado Jeff Buckley, do que fué parella.

No seu concerto en Lugo presentará cancións do seu extenso repertorio xunto a temas do seu novo traballo ‘’ The Solution Is Restless’’.

Mercar entradas JOAN AS A POLICE WOMAN - Ciclo Xacobeo Importa Lugo .