Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
outras-musicas

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Claustro maior do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá Lugo

2 de outubro de 2021 - 17.30 e 20.30 hs.

desde* 17,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Lugo .

O músico coruñés Xabier Díaz conclúe unha triloxía personalísima en compañía de As Adufeiras de Salitre co seu álbum As Catedrais Silenciadas. Este traballo culmina un proceso que comezou no ano 2015 e do que o elemento diferencial son o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas.

Nestes catro anos apenas quedan aldeas de Galicia que non fosen citadas ou visitadas polo músico. As súas composicións, en moitos casos, parten do traballo de investigación, escoitando as cancións das mulleres no rural, e, doutra banda, dándolles o seu toque particular. A súa música, as influencias doutras latitudes e as súas novas letras aportan frescura a unha materia prima propia do noroeste.

Este último traballo actualiza diferentes tipos de formas musicais: hai pasodobres como No Salón das Cereixas, xotas como Illas de Sal, alalás como o tema que da título ao disco, ribeiranas como Tentenublo, muiñeiras e agarrados como o de Vilar de Cabeiras 2.0.

O disco está a colleitar os mellores datos históricos para o proxecto: tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (número de agosto-setembro). Nela, os editores escollen os 10 mellores discos de cada mes en todo o mundo.


Mercar entradas Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Lugo .