VERTO
outras-musicas

VERTO

Exterior Auditorio de Verín Verín

7 de setembro - 22,30hs
desde* 5,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas VERTO Verín .

VERTO son dous  rapaces máis ou  menos de Santiago que fan, antes ca  nada, música Pop,  da moderna, da  de agora. Teñen influencias do  trap e do  R & B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80. 

Veñen de estrear “Embora”, un LP de  14 cancións nas cales fan gala da súa  capacidade para crear himnos do pop  electrónico para toda unha xeración de rapaces. Unha xeración que se acumula nunha media de 53.000 oíntes mensuais en Spotify e que esgota entradas en cuestión de horas.

Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan  en serio. Só queren facer música que lle faga bailar  ós colegas. Só queren facer temazos con moito autotune e coa maxia que ten gravala na habitación  de Fer, e con iso, ser capaces de chegar a todo o  panorama estatal.  Digamos que o seu é “Puro Ocio”.

Mercar entradas VERTO Verín .