Carlos Núñez "Gira Lugares Mágicos"
outras-musicas

Carlos Núñez "Gira Lugares Mágicos"

Finca Burón León

20 AGOSTO - 20 HS

desde* 20,00 €

* Prezo mínimo sen comisión

Merca entradas Carlos Núñez "Gira Lugares Mágicos" León .

Xira de Verán por lugares emblemáticos de Galicia.

Son tempos para concertos en plena natureza. Estamos convencidos de que este sistema que iniciamos hai uns anos, pode ser o futuro porque pon en valor o noso, é máis respectuoso co medio ambiente, afástanos das masificacións da vida moderna e, sobre todo, conéctanos coas mellores enerxías da tradición e a natureza.

Carlos Núñez celebra os 25 anos do seu primeiro disco, o lendario "A Irmandade das Estrelas", e faino cun novo disco, editado por Sony, con colaboracións especiais de Rozalén, Tanxugueiras, Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Glen Hansard, etc.

No disco inclúense mostras do que hoxe se chama " folktrónica", un formato xa explorado por Núñez ao longo da súa carreira e que reviviu no seu novo single con Baiuca, " Solstício", lanzado con motivo do entroido do que Celanova e Ourense teñen tanto que dicir.

Condicións

Abriranse as portas unha hora antes do inicio do concerto.

Rogamos chegar con antelación para evitar aglomeracións.

Para acceder ao recinto deberán cumprir cos requisitos e medidas hixiénicas obrigatorias na data de celebración do concerto.

Se non fose posible a realización do evento no lugar previsto por cuestións meteorolóxicas, a organización poderá prever un recinto alternativo ou cambiar a data do concerto. En ambos os casos darémosvos a posibilidade da devolución da entrada.

Os menores de 2 anos que estean no colo non pagan entrada.

Mercar entradas Carlos Núñez "Gira Lugares Mágicos" León .